viernes, 8 de marzo de 2019

#8M 2019 Día internacional das Mulleres

8M
CANDO: Dende o 28/02/2019 ata o 31/03/2019
Mulleres que transforman realidades
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, e no marco da convocatoria de folga internacional feminista, laboral, de coidados e estudiantil prevista para o próximo día 8 de marzo, o Concello da Coruña convida a toda a cidadanía a estender esta mirada reflexiva e reivindicativa a todo o mes de marzo, por medio dunha programación de actividades atravesada por un enfoque transversal e interseccional.
Con esta nova convocatoria de "Mulleres que transforman realidades", dende a Concellaría de Igualdade e Diversidade insistimos en sinalar de que maneira os dereitos das mulleres forman parte da historia incompleta dos dereitos humanos, tratando nesta ocasión de facernos eco dun movemento internacional de mulleres que, dentro e fóra das nosas fronteiras, berra que se as mulleres paran, para o MUNDO.




No hay comentarios: