lunes, 18 de marzo de 2019

POETAS DI(N)VERSOS EXPLORA A CONSTRUCIÓN DA MASCULINIDADE A TRAVÉS DE VOCES EN GALEGO E INGLÉS

Poetas 2019 primavera 
CUÁNDO: Desde el 14/01/2019 hasta el 18/03/2019
HORARIO: 20.30 h
DIRECCIÓN: Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
PRECIO: de balde
ORGANIZADOR: Concellaría de Culturas da Coruña
Poetas di(n) versos para o primeiro trimestre do ano.
Mes a mes de maneira ininterrompida, a programación poética do Concello da Coruña continúa a reunir no Centro Ágora o mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo e encara agora o primeiro trimestre de recitais.
Patrocinado pola Concellaría de Culturas da Coruña, POETAS DI(N)VERSOS é un proxecto creado pola tamén poeta e xestora cultural compostelano-coruñesa Yolanda Castaño, que o coordina dende 2009. Os actos, de arredor dunha hora de duración, son sempre abertos e gratuítos para todo o público interesado, e mostran canto pode comunicar a poesía contemporánea.
POETAS DI(N)VERSOS segue constituíndo a maior cita poética regular de todo o Estado español, e mereceu en 2014 o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
Luns 18 de marzo
ANDREW McMILLAN
GONZALO HERMO
A construción da masculinidade gaña en capas e matices tanto a través da revelación escocesa coma do primeiro galego Premio Nacional de Poesía Joven.
Chega a última das sesións invernais de POETAS DI(N)VERSOS a pesar de que as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo continúen ininterrompida e mensualmente ata o mes de xuño. 
Este vindeiro luns 18 de marzoa programación poética da Concellaría de Culturas reunirá sobre o escenario do Centro Ágora, coma sempre en horario das 20:30h, un recital de poesía en galego e inglés.
Será un acto aberto e gratuíto dunha hora de duración, ao termo do cal unha libraría de proximidade porá á venda as obras dos autores convidados, que asinarán as copias dos e das interesadas. A habitual condutora do acto, a tamén fundadora e directora do ciclo Yolanda Castaño, non lerá nesta ocasión traducións propias, senón que as que trasladen os textos para o galego serán da autoría de Isaac Xubín.
O recital de marzo significará unha exploración na sutil construción da masculinidade a mans de poetas mozos pero enormemente puxantes e xa recoñecidos nas letras galegas e británicas: Gonzalo Hermo e Andrew McMillan. Nados os dous a finais dos anos oitenta en Rianxo e Yorkshire do Sur respectivamente, afrontan a cuestión do xénero poñendo de relevo a educación heteropatriarcal e as súas imposicións.
Autor de “Crac” e “Celebración”, Gonzalo Hermo foi ademais o primeiro autor galego da Historia que conseguiu acadar o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernánez, o galardón anual que o goberno estatal concede á mellor obra publicada por un autor menor de 30 anos. Residente en Barcelona, este Doutor en Lingüística está de actualidade literaria grazas á recente saída do seu terceiro e último poemario, “A vida salvaxe”, Premio de Poesía Afundación.
Pola súa banda, a que fora 'opera prima' de MacMillan significou o primeiro libro de poesía capaz de acadar o Premio The Guardian ao Mellor Libro Debut. Máis tarde acadou tamén premios coma o Aldeburgh ao mellor poemario debutante, o Somerset Maugham, o Eric Gregory e o dos Escritores do Norte, sendo nomeados a moitos outros galardóns. 


No hay comentarios: