miércoles, 13 de marzo de 2019

Constitución do Consello Local de Igualdade

O alcalde, Xulio Ferreiro, xunto á responsable da Concellaría de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presidiu esta mañá a constitución do Consello Local de Igualdade. O ente consultivo nace para abordar, debater e traballar, da man de entidades sociais do ámbito das igualdades e diversidades afectivo-sexuais da cidade, propostas destinadas a ampliar as políticas de igualdade no Concello da Coruña. 
“Este Consello é unha ferramenta que nace, desde a proximidade, para consolidar a transversalidade das políticas de xénero que se levan a cabo no municipio”, apuntou Ferreiro, quen cualificou a posta en marcha do ente ”como un paso máis na reivindicación do papel da muller e da necesaria resituación da sociedade para favorecer unha nova redistribución e recuperación de espazos por parte dos colectivos que se atopan menos visibilizados”.
O primeiro cometido do novo órgano consultivo, do que forman parte 33 entidades sociais así como representantes de todos os grupos da Corporación municipal, será, tal e como avanzou Rocío Fraga, o debate sobre o desenvolvemento da ordenanza municipal de Igualdade de Xénero. “A nivel interno contabamos cunha instrución de transversalidade e un plan de igualdade. O reforzo normativo a través desta nova ordenanza é un compromiso máis firme tanto coa igualdade como coa diversidade no municipio”, expuxo a edil.


No hay comentarios: