miércoles, 7 de junio de 2017
Convocatoria de participación de Nos+outrxs en Rede - Lugo Diversx.
A Deputación de Lugo a través da Rede Museística da
Deputación Provincial de Lugo xunto con Arelas, asociación de familias de
menores trans*, organiza unha convocatoria aberta á participación para a
celebración o Día do Orgullo LGTBI: Lugo Diversx, unha exposición que manifesta
a visibilidade e o respecto da diversidade.
Esta acción forma parte do proxecto colaborativo Nós
+ outrxs en rede realizado a partir do compromiso de colectivos, artistas e
institucións (Rede Museística e Museo Thyssen) sobre as cuestións de museos,
educación, xéneros e identidades.
Esta convocatoria vai dirixida a artistas plásticxs,
fotógrafxs, escritorxs, deportistas,… e sociedade en xeral, que desexen
manifestar o seu apoio á causa LGTBIQ cunha obra, unha fotografía, un relato ou
un poema, que represente a pluralidade sexual e identitaria da nosa sociedade e
o dereito a vivila en liberdade.
Visibilizámonos, movémonos, empoderámonos. Polo
dereito a ser diversxs¡¡
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario