miércoles, 7 de junio de 2017
Concentración en Sada para "dicir non" á homofobia
Medio milleiro de persoas participaron nun acto no
que pediron desculpas públicas do secretario da asociación de empresarios de
Sada.
Ao redor dunhas 500 persoas participaron este domingo
nunha concentración na Praza de San Roque da localidade coruñesa de Sada en
defensa dos dereitos dos homosexuais e para "dicir non" á homofobia.
Na mañá deste domingo, uns 500 veciños deste
municipio coruñés saíron á rúa en resposta á polémica xurdida esta semana tras
a publicación do artigo 'La homosexualidad es pecado' na revista da asociación
de empresarios de Sada (A Coruña), escrito polo secretario e tesoureiro da
entidade, Eduardo Lorenzo.
Na Praza de San Roque concentráronse numerosos
veciños convocados polo colectivo 'Sada di non'. No acto tamén participaron o
alcalde de Sada, Benito Portela, membros do seu goberno e representantes
municipais de PSOE e BNG.
Polo micrófono instalado na praza pasaron varias
persoas que esixiron respecto polas persoas homosexuais e reclamaron que tanto
o autor do artigo como o presidente da asociación de empresarios de Sada (A
Coruña), Bernardo Valiño, pidan desculpas públicas por un texto que xerou unha
gran polémica.
O AUTOR NON SE RETRACTA
E é que, o pasado venres tanto Valiño como Eduardo
Lorenzo presentaron a dimisión dos seus cargos na patronal de Sada, que se fará
efectivo "en breve".
Con todo, ese mesmo día en declaracións a Europa
Press, Eduardo Lorenzo indicou que a súa renuncia "non supón unha
retractación" polo contido do artigo, á vez que avanzou que "a
mediados" da próxima semana publicará un novo texto no que explicará os
motivos da súa dimisión.
"Isto non supón unha retractación", sinalou
preguntado se se ratifica no contido do artigo e despois de que o presidente
dos empresarios de Sada o apoiase. Publicado no 'Mariñán,' editado pola
Asociacion de Empresarios, no artigo incluíanse frases como "unha cousa é
o homosexual discreto e respectable e outra o maricón ostentoso".
Etiquetas:
homofobia,
lgtbqi,
manifestación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario