jueves, 4 de mayo de 2017

Campaña de visibilización, concienzación e apoio social ó colectivo trans e as súas familias, EXISTIMOS¡¡ Por unha Lei galega de Identidade de Xénero.

ARELAS presenta o vídeo onde varias crianzas trans e as súas familias aparecen xunto con compañeirxs do colectivo e xente tan coñecida e recoñecida como FERNANDO ÓNEGA, MARGA PAZOS, MANUEL MANQUIÑA, ISI RODRIGUEZ, Noelia Otero Lago, IAGO ASPAS, SERGIO ALVAREZ, CARLOS BLANCO, NOELIA RODRIGUEZ, ROBERTO VILAR, Jorge Mira Perez, YOLANDA CASTAÑO, TERESA NAVAZA, XOSÉ TOURIÑÁN, FEDE PÉREZ E DAVID AMOR moitísimas grazas a todxs e cada un de vos polo voso apoio, agarimo compromiso. Ogallá vos guste tanto o vídeo coma a nós. https://www.youtube.com/watch?v=Mh2_SQ70C7I.

Pero si de verdade queredes mostrar o voso apoio as crianzas trans e as súas familias, axúdanos a conseguir moitas firmas para que dende o Parlamento Galego entendan o necesario e importante que é ter unha Lei galega de Identidade de Xénero, porque xs nosxs fillxs teñen dereito a ter infancias e adolescencias felices, a medrar cunha vida digna.

Bótanos unha man, asina e comparte nas túas redes e entre os teus contactxs para que logremos o noso obxetivo de lograr todos os dereitos que as crianzas trans merecen. Para asinar podes facelo aquí: https://www.change.org/p/parlamento-de-galicia-por-una-ley-gallega-de-identidad-de-género-que-reconozca-los-derechos-del-colectivo-trans

O colectivo trans e as súas familias precisa da túa axuda para potenciar a aprobación no Parlamento Galego dunha Lei Galega de Identidade de Xénero que garantice os nosos dereitos máis básicos. 

Polo dereito de tódalas persoas a ter unha vida digna!
Asina por unha lei galega de identidade de xénero


No hay comentarios: