lunes, 1 de septiembre de 2008
Igualdade Convoca Axudas Para A Cobertura Do Custo De Procesos De Mediación Familiar
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas económicas para a cobertura dos custos dos procesos de mediación familiar que se realicen dentro do marco do programa Mediagal ao longo do ano 2008. As persoas interesadas poden solicitar esta axuda ata o 31 de outubro.
A axuda convocada consiste na cobertura do custo dun proceso de mediación familiar cun máximo de seis sesións, mediante a adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuíto cun valor nominal de 60 euros por sesión de mediación e ata un máximo de 360 euros.Poderán ser beneficiarias as persoas residentes en Galicia unidas por vínculo matrimonial ou que forman unha unión estable de parella, que se atopen nun proceso de separación, divorcio ou nulidade do matrimonio ou ben de ruptura da unión, así como en conflitos de convivencia e que teñan ou non iniciado ou solicitado a iniciación dun proceso de mediación a partir do 1 de xaneiro de 2008 con algún dos e das profesionais inscritas ou inscritos no Rexistro de Mediadores e Mediadoras de Galicia e estean adheridos/as ao programa Mediagal de mediación familiar galega.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario