lunes, 19 de marzo de 2018
Conversas Feministas Fiadeiras
O grupo de
traballo en Igualdade do Ceesg, Fiadeiras, dentro do seu Plan de traballo 2018,
vai iniciar unha nova actividade, as Conversas Feministas Fiadeiras.
Trátase de
visibilizar e dar valor ó traballo de diversas autoras galegas e, conversar e
reflexionar sobre temas como a violencia de xénero, abusos sexuais a menores,
transexualidade, ... desde a perspectiva feminista. 
A primeira
destas Conversas Feministas terá lugar o vindeiro luns 19 de marzo ás 19 horas,
no Centro Medra de A Coruña, Avda. de Monelos, 109, entreplanta A. Nesta
ocasión conversaremos con Eli Ríos, sobre o seu libro LUNS, novela premiada co
Torrente Ballester de narrativa en lingua galega no 2016. 
Segundo a
propia autora: 'O xerme de Luns é rabia. Hai realidades e situacións que nos
acostumamos a lelas na prensa e pasan a ser habituais, normais. Desas que
dicimos: unha máis...  E non pode
ser, non está ben. Quería escribir un texto que provocase a reacción, as ganas
de moverse. Unha novela visceral dirixida directamente ao hipotálamo'.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



No hay comentarios:
Publicar un comentario