martes, 20 de octubre de 2015

Día Mundial da proba do VIH


Porque en España un 25-30% das persoas con infección polo VIH descoñece a súa situación, e estímase que máis da metade das novas infeccións procede deste grupo de poboación non diagnosticada.
Ademais:
O diagnóstico precoz permite beneficiarse canto antes dun seguimento médico, e acceder a un tratamento eficaz que evita a progresión da enfermidade, mellora a calidade de vida e aumenta a supervivencia
O diagnóstico precoz permite adoptar as medidas preventivas necesarias para evitar transmitir a infección a outras persoas.
As probas dispoñibles actualmente permiten detectar antes os anticorpos, acurtándose o período xanela (3 meses).
Durante as primeiras semanas despois da infección (fase que se denomina primoinfección) a infectividad é moi elevada.
A motivación para facerse a proba tende a diminuír ao pasar o tempo desde o momento da práctica de risco.

Datos Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad


A maioría dos pronósticos son tardíos, por iso se tes dúbidas, podes visitarnos no Centro de Anticoncepción e Sexualidade sito na Ronda de Nelle, 126, baixo B, na Coruña.


Realizamos a proba rápida de detección de anticorpos de VIH en horario:
LUNS e VENRES de 10:00 a 14:00 hrs.
MARTES e MÉRCORES 16:30 a 20:30 hrs.
TELF. DE CITAS PREVIAS E ASESORÍAS: 881 916 869

A atención e realización da proba rápida do VIH consiste en:
. Entrevista persoal.
. Tomar unha mostra de saliva cun bastonciño.
. Introducir a mostra no reactivo.
. Resultado aos 20 minutos.
. Apoio con consello asistido.

As asesorías e proba rápida son anónimas, confidenciais e gratuitas.
Temos como obxectivos:
*Diminuír o atraso diagnóstico do VIH en poboacións con prácticas de risco, e que non acoden con frecuencia ao sistema sanitario, mediante a realización dunha proba rápida en fluído oral.
*Facilitar o consello pre e post proba do VIH. 
*Aumentar as prácticas preventivas nas persoas que acoden a realizar a proba rápida do VIH en fluído oral.
*Facilitar o acceso ao diagnóstico de VIH e ao tratamento antirretroviral.

Cando facela?
-Se tiveches relacións con penetración (anal, vaxinal ou oral con exaculación) sen preservativo cunha persoa con VIH.
-Se tiveches relacións con penetración (anal, vaxinal ou oral con exaculación) sen preservativo e non coñeces o estado serolóxico da outra persoa.
-Se o preservativo se rompe ou queda retido.
-Se vas deixar de utilizar preservativo.
-Cando non deixaches claro coa túa parella se a vosa relación é exclusiva.

Cres ter tido unha práctica de risco? 
Non o deixes pasar! 
Faite a proba e o persoal do centro valorará, en caso de obter un resultado reactivo, se debes repetila e cando.
  
Lembra que...
O VIH non se detecta nas analíticas rutinarias. Ninguén pode realizarche a proba se ti non a solicitas e das o teu consentimento.
A atención é anónima e o resultado será sempre confidencial: Só ti decides a quen llo dis.


No hay comentarios: