domingo, 12 de octubre de 2014

Convocatoria concentración en defensa polos COF

A Plataforma da Coruña polo dereito ao Aborto, xunto coa Asociación para a Defensa da Saúde Pública, convocamos unha concentración diante do Hotel de Doentes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para o día 23 de outubro ás 12 da mañá.
Bus Urbano

O obxectivo é denunciar que o Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo está dende o 1 de xaneiro de 2013 sen profesional de xinecoloxía e sen auxiliar de clínica.
A idea é que cada  persoa que acuda ao acto, presente no rexistro do hotel de doentes un escrito dirixido ao xerente da área sanitaria da Coruña  denunciando esta situación e esixir a cobertura urxente destas dúas prazas.

Podes/podedes cubrir o modelo do escrito.

D.Francisco Vilanova Fraga
Xerente da Area Sanitaria da Coruña.

Dona/Don …………………………………………………………………………………………………………………………..,
con DNI nº .........................................., e con domicilio ...........................................................
.....................……………………….………………...................................................................................


QUERO DENUNCIAR:

Que a institución que vostede xestiona está a vulnerar O Dereito Fundamental recoñecido internacionalmente que é “A atención e protección da  saúde sexual e reprodutiva das mulleres”, ao non garantir na área sanitaria da Coruña, que un dos dous únicos Centros de Orientación Familiar que hai para un total de 37 concellos, poida dar no propio centro, unha  prestación básica, como é a instauración dos métodos anticonceptivos que requiren unha  atención xinecolóxica.

Que o Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo está, dende xaneiro do ano 2013, sen profesional de xinecoloxía e sen a Técnica en Coidados Auxiliares de Enfermaría. Isto supón que as usuarias do centro do Ventorrillo teñen que desprazarse ata o Centro de Planeamento Familiar de Orillamar para recibir esta atención xinecolóxica á que teñen dereito a percibir no seu centro de referencia.

Que vostede, como xerente desta área sanitaria tomou a decisión de suprimir as revisións xinecolóxicas que se  viñan facendo nestes centros dende a súa apertura, para que se puidese asumir nun só centro a instauración dos métodos anticonceptivos de toda a area sanitaria, que supón un total de 37 concellos.

ESIXO.-
·   A inmediata cobertura tanto da praza de xinecoloxía como a de Técnica en Coidados Auxiliares de Enfermaría, no Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo e así recuperar as prestacións anticonceptivas no propio centro, ás que teñen dereito as mulleres.

·      A instauración do dereito ás revisións xinecolóxicas que se tiñan ata agora.


A Coruña, a  23  de outubro de 2014             

                                                       
                                                                  Asdo.:




Gustaríanos moito poder contar ese día coa participación da asociación/grupo á que pertences.

No hay comentarios: