martes, 25 de junio de 2013

O desmatelamento dos centros de orientación familiar en Galicia


Menos traballadores e menos medios para os dez Centros de Orientación Familiar (COF) de Galicia. Diversos colectivos, e os propios empregados, levan tempo denunciando a destrución de diferentes prazas de profesionais nos devanditos centros e chamando a atención sobre o "desmantelamento" da atención pública da saúde sexual e reprodutiva no país por parte da Xunta e que provoca "a perda dos dereitos sanitarios e da calidade asistencial ante o grave retroceso nos dereitos sexuais e reprodutivos, especialmente das mulleres".
Os COF contan cada vez con menos traballadores e menos medios, o que provoca "a perda de dereitos sanitarios e de calidade asistencial".
Así o denunciaron xa hai uns días a Plataforma SOS Sanidade Pública, o colectivo de profesionais dos COF de Galicia, a Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas e a Plataforma pola Defensa do Dereito ao Aborto no Manifesto polo Dereito a unha Atención Pública e de Calidade da Saúde Sexual e Reprodutiva ao que se acaba de adherir tamén o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que vén de elaborar tamén unha análise sobre a situación real dos diferentes COF no país, deixando claro o desmantelamento que está a sufrir unha rede que cada vez conta con menos traballadores e menos medios para levar a cabo as súas funcións. A supresión de recursos no centro da Coruña provocou varias protestas sobre unha situación que se está a repetir tamén noutras zonas.

No hay comentarios: