miércoles, 26 de junio de 2013

Mañá xoves 27 de xuño, ás 20 horas, no Obelisco, faremos unha concentración cidadá.


O motivo da concentración é reclamar os nosos dereitos:
- A unha atención da saúde sexual e reprodutiva, ameazada especialmente en A Coruña pola situación dos COF e o intento de peche do centro do Ventorrillo por parte do Sergas.
- A decidir sobre o aborto, ante o ataque ás mulleres coa proposta reaccionaria e integrista do ministro Gallardón e o PP
- A unha sanidade pública de calidade e igual para tod@s, independentemente da súa condición ou grao de riqueza, ameazada gravemente, outra volta, polo proxecto de lei de garantías sanitarias que se está tramitando neste momento no Parlamento galego e despois de que o PP rexeitase as emendas á totalidade feitas pola oposición parlamentar.

A mobilización de mañá 27 vaise facer en todas as comarcas de Galiza, en diferentes formatos pero co mesmo obxectivo.

Convocan a Plataforma SOS Sanidade Pública de A Coruña, a Plataforma de dereito ao aborto de A Coruña e o grupo de apoio aos COF.


No hay comentarios: