RECLAMAMOS:
|
1.
A integración da educación afectiva e sexual en todos os niveis da
educación, desde infantil ata bacharelato.
2.
A permanencia dos COF de carácter público, interdisciplinario e con
persoal e medios suficientes, axeitados e accesibles.
3.
A implantación e consolidación en atención primaria dun programa da
muller, integral e de calidade,
co apoio dos Centros de Planeamento Familiar
4.
Financiamento público de todos os métodos anticonceptivos.
5.
Dereito ao aborto
gratuito, realizado na sanidade pública e con respecto á libre decisión da
muller.
|
domingo, 2 de junio de 2013
MANIFESTO POLO DEREITO A UNHA ATENCIÓN PÚBLICA E DE CALIDADE DA SAÚDE SEXUAL E DA SAÚDE REPRODUCTIVA
Estamos vivindo un grave retroceso dos dereitos das persoas en xeral, e dos
dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, en particular.
Estes dereitos sexuais e reprodutivos están recollidos como dereitos
humanos fundamentais en todos os tratados internacionais desde os anos 90.
Foron subscritos polo goberno español e polo tanto son de obrigado cumprimento
tamén para o goberno galego.
A agresión máis visible a estes dereitos é a modificación prevista do
goberno do Partido Popular da Interrupción Voluntaria do Embarazo, usurpando ás
mulleres o seu dereito a decidir se desexan ser nais, e en que momento das súas
vidas queren facelo.
Pero hoxe queremos chamar a atención doutras agresións á saúde sexual e
reprodutiva das mulleres, que pasan moito máis desapercibidas para a cidadanía
como son, por un lado, a eliminación da educación sexual e afectiva das escolas
na nova lei do PP,
renunciando deste xeito á promoción da afectividade e sexualidade, un dos aspectos
máis importantes da vida das persoas; dificultando a prevención dos riscos que
poden estar asociados ás condutas sexuais e afectivas; e deixando de tratar na
escola a relación entre afectividade, sexualidade, respecto pola parella,
igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero.
Por outra banda, a deterioración progresiva de todos os servizos e
prestacións da sanidade pública competentes para a atención da saúde sexual e
reprodutiva e para a prevención dos posibles problemas relacionados con ela:
embarazos non desexados, infeccións de transmisión sexual, problemas sexuais e
de parella, agresións sexuais, etc.
Na actualidade os Centros de Planeamento Familiar (COF) son os únicos
dispositivos públicos especializados na atención integral á saúde sexual das
mulleres. Son os únicos centros con competencias, aínda coa súa diversidade, no
abordaxe integral socio-sanitario-afectivo-sexual, anticoncepción en todos os
seus tipos, interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico
periódico, esterilidade, atención á problemática sexual e da parella e
actividades educativas e de promoción da saúde afectivo sexual. E ademais, moi
importante, todas estes servizos realizados con acceso directo, nun ámbito
privado e confidencial no que a muller decide con información e liberdade. Son
os centros de referencia e de formación do persoal de atención primaria e do
persoal sanitario en formación.
Os Centros de Saúde son os dispositivos básicos de atención e de acceso en
todo o territorio. A rede de atención primaria , (persoal administrativo, de
enfermería, mediciña de familia, pediatría, traballo social,...), debería ser
competente tanto por recursos, como por capacitación e tempo para prestar unha
atención sexual e reprodutiva de calidade a todas as mulleres, incluíndo
anticoncepción, atención preconcepcional, embarazo e postparto, orientación da
demanda de interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico
periódico, detección e orientación inicial na problemática sexual e da parella,
menopausa e realización de actividades comunitarias de educación sexual e
afectiva.
QUEREMOS DENUNCIAR a perda de prestacións públicas galegas na atención da
saúde sexual e reprodutiva das mulleres, definido por:
1. Desmantelamento progresivo da rede de COF: Falta de
cobertura das prazas do equipo básico interdisciplinar (persoal administrativo,
de enfermería ou especialista en
enfermería obstétrica-xinecolóxica, psicoloxía clínica, traballo social e
xinecoloxía); centros nos que hai profesionais que comparten actividade noutros
dispositivos sanitarios diferentes (outras consultas de xinecoloxía, de saúde
mental,…) ou, nalgúns casos, que non se adaptan ao perfil profesional adecuado
a este tipo de centros; non cobertura de xubilacións; sobrecarga asistencial. O
SERGAS está abandonando esta rede de centros reducindo os seus recursos e
prestacións progresivamente. Actualmente as mulleres galegas reciben unha
atención desigual xa que os COF actuais non son capaces de cumprir as súas
funcións en todos os casos.
2.
A consulta ordinaria de xinecoloxía non atende este tipo
de demanda salvo o exame de saúde xinecolóxico e en algúns casos anticoncepción.
3. Os Centros de Saúde, salvo excepcións dalgunha área de
saúde e algúns profesionais de mediciña e especialistas en enfermería
obstétrica-xinecolóxica, non prestan atención de saúde sexual e reprodutiva.
Atención primaria, en xeral, non está realizando exame de saúde xinecolóxico.
Salvo algúns casos nos que se ofrece anticoncepción hormonal ou se realiza prevención de cancro de útero,
podemos dicir que atención primaria non cumpre coas súas funcións. É o lugar idóneo para a atención da
saúde sexual e reprodutiva pero precisa tempo, capacitación e implicación para
poder asegurar este servizo con calidade ás mulleres e en todo o territorio.
Non se pode dicir cun mínimo de seriedade que as mulleres van recibir esta
atención nos centros de saúde sen programar previamente formación e dotación de
recursos.
4.
Moitos métodos anticonceptivos hormonais van deixar de
ter financiamento público a partir do 1 de agosto, polo que moitas mulleres non
poderán mercalos ao encarecerse dun modo importante o seu prezo.
5.
A ameaza de
que a anticoncepción de urxencia deixe de ser de libre dispensación.
Este deterioro da atención a saúde sexual e reprodutiva afecta máis
especificamente á saúde das mulleres que, como colectivo, sofren de novo a
vulneración dos seus dereitos e da súa liberdade. As políticas actuais
reafirman unha única identidade feminina asentada na maternidade, apropiándose
de novo do corpo e da sexualidade das mulleres e incrementando as desigualdades
existentes entre sexos.
Por todo isto, facemos un chamamento á cidadanía para que participe na
manifestación convocada para o día 16 de xuño en Santiago e rexeite con
rotundidade a nova lei reguladora do aborto e da saúde sexual e reprodutiva do
PP, e esixa o dereito a unha atención de calidade, pública e gratuíta da saúde
sexual e reprodutiva con capacidade de decisión libre e informada.
PLATAFORMA POLA DEFENSA DO
DEREITO AO ABORTO
Este
manifesto pola defensa da atención á saúde sexual e á saúde reproductiva das mulleres, presentaráse
aos medios de comunicación en Santiago de Compostela na galería Sargadelos o día
6 de xuño ás 17:00 horas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario