jueves, 10 de julio de 2008

Xornadas Sobre "Mulleres Das Artes Escénicas"

(Inclúese dentro da mostra internacional de teatro cómico e festivo de España)

Concello de Cangas.
Colaboran: Secretaría Xeral de Igualdade
Datas: Sábados 5 e 12 Xullo de 2008.
Día 5:
- Jill Greenhalgh, fundadora de Magdalena Project, rede de mulleres de teatro e
performance que está presente en máis de 50 países que ten como obxectivo facilitar e
promover a discusión crítica, o apoio, o ensino e unha maior visibilidade das actividades
artísticas realizadas polas mulleres.
- Rosana Pineda, fará unha demostración do espectáculo “O camiño das preguntas”.

Día 12:
- Arantza Iurre e Aintza Uriarte (“Compañía Simulacro Teatro”) son as fundadoras de
“Circuíto Paritario” co obxectivo de que as compañías de teatro cumpran coa lei e
recollan na súa programación o teatro escrito e dirixido polas mulleres”.
- Acto “A escena contra a violencia de Xénero”.
- “Pífano Teatro” coa obra “Rotas”
- Presentación do último libro de Mª Xosé Queizán.
Lugar: Auditorio Municipal de Cangas.

Información:
CIM de Cangas
Rúa Andalucía, 3 – Baixo - Edif. Xoia 36940, Cangas

Tfno: 986 392 268 / Fax: 986 303 696 cim@cangas.org

No hay comentarios: