miércoles, 16 de julio de 2008

IV Edición Do Premio “Concepción Arenal”

A Deputación da Coruña vén de convocar a IV edición do premio “Concepción Arenal” para temas de interese social, dirixido a promover estudos ou traballos de investigación no campo da defensa dos dereitos da muller.Coa convocatoria deste certame, a institución provincial pretende continuar promovendo, tanto o estudo como a investigación e posta en práctica de experiencias, solucións e alternativas relativas ao benestar social, asumindo e recoñecendo o labor de mulleres galegas.Poderán optar ao premio aqueles traballos, proxectos, estudos e investigacións inéditos sobre a igualdade de xénero relacionados coa provincia da Coruña, ou de carácter xeral, que deben presentarse en galego e por duplicado antes do 31 de agosto de 2008.
A decisión do xurado farase pública no último trimestre do presente ano e basearase, entre outros criterios, no rigor científico na elaboración do traballo, na aplicación da metodoloxía das técnicas de intervención social e na achega que poda supoñer para a mellora das prácticas profesionais nos concellos e a proxección do traballo realizado sobre a nosa sociedade.O premio para o traballo gañador é de 7.500 euros, ademais da publicación da obra gañadora. As persoas interesadas en participar nesta convocatoria poden obter máis información e as bases do certame na páxina web da Deputación da Coruña.

No hay comentarios: