miércoles, 23 de julio de 2008
Un equipo De Ciencias Económicas e Empresariais Estudará As Dinámicas Familiares, o Traballo Doméstico Non Remunerado e Os Usos Do Tempo Nos Fogares
O obxectivo desta investigación será coñecer dun xeito o máis profundo posible os comportamentos e a distribución das responsabilidades nos fogares galego así como detectar novas necesidades de información neste ámbito.Para o seu desenvolvemento, o reitor da USC, Senén Barro, e o conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia, Ricardo Varela, asinaron este luns 16 un convenio de colaboración. O proxecto está recollido na Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia, promovida pola administración autonómica, que establece o compromiso de elaborar unha conta satélite onde se cuantifique o valor económico do traballo doméstico, de coidados e comunitario realizado por mulleres e homes, para darlle a debida cuantificación económica e publicidade social.
O estudo basearase en dous bloques centrados na análise da familia e a actividade económica e nas dinámicas familiares, traballo de coidados, doméstico non remunerado e uso do tempo nos fogares. Así, analizaranse as fortalezas e debilidades da situación económica e social de Galicia e a necesidade de ampliar o marco de análise das actividades produtivas.
Segundo datos previos da Consellaría de Traballo, a conclusión inicial parece indicar que as mulleres realizan o 74 por cento do traballo produtivo do fogar, representando as tarefas de proporcionar roupa e comida as que consumen a metade deste tempo produtivo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario