jueves, 3 de julio de 2008

Curso De Formación De Mediadores/as Xuvenís En Educación Afectivo-Sexual e Prevención Da Transmisión Do VIH-Sida

A formación de mediadoras e mediadores xuvenís en educación afectivo-sexual encádrase entre o grupo de accións que o Consello da Xuventude de Galicia desenvolve de cara a facilitar o achegamento á mocidade de contidos básicos en materia de saúde sexual: información e sensibilización orientada a reforzar os factores de protección fronte á transmisión do VIH-sida e outras enfermidades de transmisión sexual (ETS); así como aqueles aspectos que lles permitan incidir nas decisións relacionadas coa súa sexualidade.
O curso que agora propoñemos encádrase no marco da IX Escola de Formación de Axentes de Saúde que ten por obxecto dinamizar recursos para entidades e asociacións a través das persoas que colaboran nelas, incidindo no papel activo da mocidade. Mediante este curso propoñemos modelos de intervención coa mocidade en educación afectivo-sexual, acordes coas necesidades e características do colectivo xuvenil, que poidan responder ás necesidades de mozos e mozas e de entidades.Revisaranse criterios necesarios para a prevención, estereotipos relacionados, ademais de aspectos metodolóxicos, e daráselle especial importancia á análise de actitudes que promovan unha sexualidade sa e respectuosa. Preténdese fomentar a vivencia positiva da sexualidade e a mellora de hábitos e costumes saudables.Finalidade Contribuír á dinamización e xeración de novos recursos en educación afectivo-sexual para a mocidade, no ámbito asociativo e sociocomunitario.
Datas de realización: 14, 15, 16, 17 e 18 de xullo de 2008
Duración: 35 horas
Horarios:
Mañás: de 10:00 a 14:00 h (de luns a venres)
Tardes: de 16:00 a 20:00 h (de luns a xoves)
Lugar: Santiago de Compostela
INSCRICIÓN GRATUÍTA

Preinscrición

Data límite de solicitude: 7 de xullo de 2008

No hay comentarios: