viernes, 8 de septiembre de 2017
VI Xornada galega contra a trata “Violencias Invisibles: Trata con fins de explotación sexual”
A VI Xornada Galega contra a Trata con fins de
explotación sexual terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) en
Santiago de Compostela en horario de mañá e tarde. Esta Xornada pretende ser un
foro para reflexionar e debatir sobre as ferramentas actuais de intervención no
marco legal, social, e sanitario, así coma un espazo para abrir novas
perspectivas de abordaxe dende a transversalidade da perspectiva de xénero e
un enfoque baseado nos Dereitos Humanos. O único xeito de avanzar cara a
erradicación deste delito é romper o silenzo contra a trata, visibilizar esta
cruel realidade e actuar con determinación para combatila.
Nesta VI Xornada participarán profesionais especialistas
neste fenómeno en diferentes eidos: Raquel Doval, Psicóloga especialista en
xénero; Hilde Daems, responsable da área de muller de Cáritas Española;
Inmaculada Montalbán, maxistrada e ex-directora do Observatorio nacional contra
a violencia de xénero; Natividad Penas, interlocutora provincial da CNP;
Angélica Mercado, Formadora do Proxecto Europeo Draw the Line, empoderamento de
mulleres contra a Violencia de Xénero; Belén Walliser, Asesora xurídica de CEAR
Madrid, representación técnica de APRAMP, entidade social especialista en trata
con fins de explotación sexual e, representación institucional da Secretaría
Xeral de Igualdade.
Durante a VI Xornada, a dramaturga e actriz AveLina Pérez presentará unha peza de
teatro social creada e inspirada na temática que se aborda.
A REDE GALEGA CONTRA A TRATA SEXUAL está formada por
11 entidades sociais da comunidade autónoma galega dende o ano 2008 co fin de
ser un instrumento de coordinación entre as organización integrantes da rede,
sensibilizar aos axentes sociais implicados nesta vulneración dos Dereitos
Humanos e problemática social, así
como unha plataforma asamblearia de denuncia e incidencia política na loita
contra a trata de persoas.
As entidade sociais que forman parte da Rede Galega
contra a Trata Sexual son: Fundación Amaranta (Ourense), Faraxa (Vigo), Aliad
(Lugo), Médicos do Mundo Galicia, Ecos do Sur Galicia, Cáritas Diocesana Lugo,
Cáritas Diocesana Ourense, ACCEM Galicia, O Mencer Oblatas (Ferrol), Programa Vagalume Oblatas-Cáritas Diocesana
Santiago, e a investigadora social Silvia Pérez Freire.
Lugar: CGAC (R/Valle Inclán,2) SANTIAGO DE COMPOSTELA
Data: 19 DE OUTUBRO DE 2017
Hora: 9.30h-13.45h e de 16h-18.30h
Inscríbete
á XORNADA aquí
ENTRADA LIBRE, AFORO LIMITADO.
+info:
redegalegatrata@gmail.com
Etiquetas:
convocatorias,
trata,
xornada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario