viernes, 8 de septiembre de 2017

Campaña Arelas, asociación de familias de menores trans contra o acoso e o bullying!

Chega setembro e con el o inicio das clases en colexios e institutos. Moitas crianzas e mozxs trans volverán a espazos inseguros onde non son respectadxs nin queridxs, todo o contrario. Aguantarán insultos, vexacións, agresións e ser excluídx polo resto dxs seus compañeirxs.

O seu delito: ser trans ou non cumprir coas normas de xénero.

Moitxs non poderán denuncialo porque os seus propios pais e nais rexéitanos e non os aceptan. Algúns equipos directivos de centros, profesorado, orientadores,... mirarán para outro lado porque isto "é un problema de ámbito persoal".

Ninguén os axudará deixándoos a súa sorte.

Dende ARELAS animámosvos a que se es docente ou alumnx, non deixes que esta inxustiza siga sucedendo diante dos teus ollos.

Por favor, non mires para outro lado, non sexas cómplice. Implícate, axuda, denuncia.
SE VALENTE¡¡



No hay comentarios: