miércoles, 27 de septiembre de 2017

CAMPAÑA 28 de setembro, Día Internacional polo dereito ao aborto baixo a lema: Aborto, as mulleres deciden!

Acude e difunde-Mobilizacións en toda Europa ao redor do 28 de setembro de 2017.

En solidariedade con todas as mulleres de Europa, seguindo a exemplar loita das do estado español no 2015 e das polacas no 2016, exiximos que os dereitos das mulleres, a libre disposición do seu corpo, o dereito ao aborto e á saúde sexan respectados e considerados como dereitos fundamentais para a igualdade en todos os países europeos.

Hoxe, o dereito ao aborto en Europa é competencia de cada Estado. 

Está prohibido en Malta, suxeito a estritos condicionamentos en Irlanda, en Hungría e en Polonia. 

O dereito ao aborto, incluso alí onde é legalmente recoñecido, está de feito efectivamente en perigo ou podería volver estalo debido á cláusula de obxección de conciencia do persoal sanitario (estado español e Italia), a carencia de estruturas hospitalarias adecuadas (Grecia, Baviera), a escaseza de persoal e a eliminación de centros onde levar adiante o aborto debido a estruturacións hospitalarias (na Galiza e Francia). E en todos os países, pola elección de gobernos reaccionarios, conservadores e retrógrados.

Por tanto, é necesario insistir en que:

- O acceso ao aborto é un dereito.
- O aborto é unha decision persoal, tamén para as mozas de 16 e 17 anos. O meu corpo perténceme e eu decido sobre a miña vida.
- Hai que dotar de medios económicos aos centros de planificación e aos centros onde se practica o aborto para que estes sexan accesibles a todas as mulleres en todos os territorios.
- É necesario poñer en andamento campañas dirixidas a toda a poboación.
- A educación sexual debe ser accesible a todas e a todos para que as nosas decisións sexan libres e tomadas coas informacións adecuadas.
- As técnicas e os procedementos abortivos deben estar incluídos na formación inicial do persoal sanitario.
- A cláusula de conciencia do persoal sanitario debe ser suprimida.
- Os prazos legais para abortar teñen que ser harmonizados seguindo o modelo lexislativo máis progresista e os Estados deben despenalizar totalmente o aborto.

Mañán 28 de setembro, Día Internacional polo dereito ao aborto, colectivos feministas en toda Europa manifestámonos de forma unitaria baixo a lema:

Aborto, as mulleres deciden! contra toda oposición reaccionaria e oscurantista aos dereitos das mulleres, para esixir unha mellor atención hospitalaria e por unha harmonización lexislativa europea para que se cumpran os dereitos das mulleres.

Accións na CORUÑA:

Ás 11:30 horas, rexistro do escrito no Rexistro do Hospital Universitario da Coruña (situado no Hospital de Doentes) para reclamar, unha vez máis que se tomen as medidas oportunas para garantir unha atención integral e de calidade ás mulleres que precisan un aborto no 2º trimestre do seu embarazo.

Ás 20:00 horas, concentración diante do Teatro Rosalía para reclamar o Aborto Libre e Seguro en condicións dignas na sanidade do noso país onde aínda non podemos exercer plenamente este dereito na sanidade pública galega. 



No hay comentarios: