domingo, 8 de enero de 2017

Convocatoria de concentración por agresión homófoba

2017, celebración de fin de ano: mentres uns disfrutan da festa sen preocupacións, outres ven os seus plans truncados por mor da máis noxenta homofobia.

Como se non nos chegara co bullying nos colexios, coa represión na casa, coa discriminación laboral, arrebátannos tamén os momentos de festa, vulnerando os nosos dereitos e aplicando violencia como parte da celebración, como unha diversión máis dentro dunha xornada de excesos na que todo parece valer.

Non permaneceremos en silencio mentres nos arrebatan a oportunidade de ser felices e de poder disfrutar sen medo como todo o mundo. Esiximos unhas festas sen violencia, das que toda persoa poda disfrutar sen temor a seren agredida, ridiculizada, perseguida, despreciada ou despoxada da súa dignidade.

O 1 de xaneiro ocurriu a primeira agresión homófoba do ano na Coruña da que temos constancia. Este mércores reunirémonos no Obelisco ás 20:00 para mostrar a nosa repulsa non so ante dito acto de homofobia, senón ante todas as agresións ás que estamos sometidas as persoas por mor da nosa orientación sexual e/ou expresión de xénero durante os momentos de festa.

Non somos o teu chiste! A festa é para todes. Cero tolerancia ante a homofobia!

Concentración contra a agresión homófoba de fin de ano na Coruña

Mércores 11 de xaneiro ás 20:00 horas no Obelisco da Coruña


No hay comentarios: