domingo, 2 de diciembre de 2018

Charla Obradoiro VIH-Sexo Seguro

Dentro da programación de actividades educativas levadas a cabo pola Concellería de Igauldade e Diversidade do Concello da Coruña e polo Día Internacional da Loita contra a Sida este venres día 7 de decembro está convocado un obradoiro no que podes participar.
¿A QUEN VAI DIRIXIDO?: persoas de 14 a 30 anos, e público en xeral.
INSCRICIÓNS: Dende o 27/11/2018 ata o 05/12/2018
HORARIO: de 17:00 a 19:30 horas
ENDEREZO:Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
REQUISITOS: Para a impartición do obradoiro é necesaria inscrición e realizarase cun mínimo de 10 persoas inscritas. 


*Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( descargar aquí ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
A Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGaSEX) a través do Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, imparte esta charla-obradoiro co obxectivo de informar, formar, previr e modificar os comportamentos de maneira efectiva para a prevención do VIH/sida entre a poboación e cambiar actitudes e prácticas de risco.
Contidos:
1. Informar, formar, previr e modificar os comportamentos de maneira efectiva para a prevención do  VIH/sida entre a poboación.
2. Sensibilizar e reflexionar sobre as necesidades das persoas que padecen a enfermidade: os estigmas e a discriminación
3. Abordar das diferentes dimensións da sexualidade. Identidades sexuais e relacións de xénero; identificación de mitos e normas sociais estereotipadas en torno ao xénero e as diversidades existentes.
4. Dereitos persoas LGTBI.
5.  Prevención: xestión de riscos (biolóxicos, afectivos, emocionais: embarazos non desexados, enfermidades de transmisión sexual e/ou transmisións do VIH- sida).
6. Xestión de aspectos emocionais ( autoreconocimiento, autoaceptación, autoestima, sexualidade  asertiva, etc.).  Empoderamiento persoal.
7. O tratamento do VIH e os coidados desde o punto de vista médico-sanitario.
Información: Centro Municipal de Información Xuvenil
Tel.: 981 184 294
Email: cmix@coruna.es

No hay comentarios: