miércoles, 14 de octubre de 2009

Obradoiros Aprendendo a Ver: Ferramentas para a Detección e Prevención da Violencia de Xénero.

Organiza: COTS de Galicia
Modalidade: Mixta (presencial e en liña)
Duración:
20 horas ( 8 horas presenciais e 12 en teleformación)
Datas:
as sesións presenciais serán os días 28 e 30 de outubro 2009 (susceptible de modificación). A plataforma de teleformación estará operativa dende o día de comezo do curso ata finais do mes de novembro.
Lugar:
Levaranse a cabo 4 sesións presenciais nas 4 provincias galegas, sempre que o número de inscricións por provincia o permita.
Persoas destinatarias:
Preferentemente profesionais do traballo social de servizos sociais comuniatarios.

Matrícula:
- Persoas colexiadas en activo: 35€.
- Persoas colexiadas en desemprego: 24€.
- Persoas non colexiadas e outros/as profesionais: 45 €.
O Ingreso farase na conta: 2080 0540 49 0040000632 de Caixanova. A matrícula so se fará efectiva se xunto co boletín de inscrición se achega o xustificante de pago.
Nº Prazas: 20 por provincia
Prazo de Inscrición: do 1 ao 20 de outubro
Nota: Antes da inscrición deberase chamar ao colexio para comprobar se hai praza.

Máis información: Tel. 981 568 100 // inscricioncursos@traballosocial.com

No hay comentarios: