lunes, 19 de octubre de 2009

20 de Outubro: Día da proba do VIH

Hoxe desde AGaSEX, co motivo do Día da Proba do VIH, queremos lembrar unha serie de cuestións respeto a esta proba:

-A proba faise mediante unha sinxela análise de sangue.

-É confidencial e gratuita (non piden documentación acreditativa da nosa identidade, só preguntan datos a niveis estadísticos)

-Non se pode realizar sen o noso consentimento informado.

-As probas de VIH son na súa maioría test que miden os anticorpos que xera o organismo frente ao VIH. Son técnicas inmunoenzimáticas (EIA-ELISA) que detectan anticorpos do VIH (proba indirecta).

-No caso que o resultado da proba sexa positivo, confírmase o resultado de forma automática en laboratorio sobre a misma mostra, cunha proba máis específica sendo o WESTERN-BLOT (WT), o método máis empleado.

-Si a proba inicial, EIA ó ELISA, da negativo o resultado considérase fiable.

-Ningún outro análise detectará o virus, polo que debe solicitarse expresamente.

-Debe facerse 3 meses despois (período ventanta) do último contacto de risco, para evitar que o resultado da proba dea un falso negativo.

-Si mantiveches algunha práctica de risco, ou tes pensado ter un fillo ou filla, non dubides en facerte a proba: o resultado permite beneficiarse dun tratamento eficaz que mellora a calidade de vida e axuda á prevención de reinfecciones ou contaxios a terceros/as.

Si vives en Galicia, podes facer a proba (ademais de no teu Centro de Saúde) nos seguintes puntos xeográficos:
  • A CORUÑA

    Hospital Juan Canalejo. Consultas Externas Medicina Interna B

    Xubias Darriba 84

    A Coruña

    Teléfono: 981 17 83 94

    Horario de atención : de 8:30 a 10:30 de luns a vernes.

  • FERROL

    Hospital Arquitecto Marcide. Unidade de Infecciones.

    Horario de atención: de 9:00 a 15:00 sin cita previa.

    Teléfono: 981 334 000

  • SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Complexo Universitario Santiago de Compostela.


    Travesia da Choupana, s/n

    15706 Santiago de Compostela

    Consultas Externas 2ª planta. Porta 166.

    Teléfono: 981 951 266.

    Horario de atención: de luns a vernes de 9.00 a 11:00 horas. Preferible solicitar cita previa.

  • LUGO

    Complejo Hospitalario. Hospital Xeral. Servicio de Enfermedades Infecciosas.


    Teléfono: 982 29 62 60

    Horario de atención: de luns a vernes de 8:00 a 14:30 horas.

    Non é necesaria cita previa.

  • OURENSE

    Hospital de Día Cristal (Edificio de consultas 2ª planta)


    Teléfono: 988 385 355

    Horario de atención : de 8:00 a 12:00 de luns a vernes.

    Preferible solicitar cita previa.

  • PONTEVEDRA

    Hospital Provincial de Pontevedra. Edificio de consultas.


    Consulta de Infecciones. Unidad de Patoloxía de Infecciones. (U.P.I.)

    Horario de atención: de luns a venres de 8 :00 a 15:00 horas.

    Teléfono: 986 80 70 99

  • VIGO

    Hospital Meixoeiro de Vigo


    Consulta de Medicina Interna. Planta 0, porta 012

    Teléfono: 986 811 111 Extensión 21 13 62

    Horario de atención : de 9:00 a 14:00 horas. Preferible solicitar cita previa.

Tamén existen as chamadas probas rápidas:

-Estas probas son rápidas en canto ao tempo de espera desde a extracción da mostra até a obtención do resultado, non en canto á vez que se tarda en producir anticorpos detectables desde o momento da infección (denominado en ocasións "período ventana").



-Non requiren dun laboratorio para realizar a análise, pero un resultado positivo a estas probas require unha confirmación posterior de laboratorio.


-Un resultado negativo non require confirmación.


-As probas rápidas empregan xeralmente unha pequena mostra de sangue que se obtén dun dedo mediante unha picada cunha lanceta. Tamén poden facerse en saliva e ouriños.


-A característica fundamental é que o resultado pode obterse en menos de 30 minutos.
Son moi útiles en situacións que requiren un resultado inmediato.



-Non as fan por rutina, só en determinados sitios e determinadas situacións.

1 comentario:

viagra online dijo...

Es increible la cantidad de gente que padece este mal, la gente sigue sin cuidarse o preocuparse de con quien anda.