domingo, 2 de junio de 2013

MANIFESTO POLO DEREITO A UNHA ATENCIÓN PÚBLICA E DE CALIDADE DA SAÚDE SEXUAL E DA SAÚDE REPRODUCTIVA


Estamos vivindo un grave retroceso dos dereitos das persoas en xeral, e dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, en particular.
Estes dereitos sexuais e reprodutivos están recollidos como dereitos humanos fundamentais en todos os tratados internacionais desde os anos 90. Foron subscritos polo goberno español e polo tanto son de obrigado cumprimento tamén para o goberno galego.
A agresión máis visible a estes dereitos é a modificación prevista do goberno do Partido Popular da Interrupción Voluntaria do Embarazo, usurpando ás mulleres o seu dereito a decidir se desexan ser nais, e en que momento das súas vidas queren facelo.
Pero hoxe queremos chamar a atención doutras agresións á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, que pasan moito máis desapercibidas para a cidadanía como son, por un lado, a eliminación da educación sexual e afectiva das escolas na nova lei do PP, renunciando deste xeito á promoción da afectividade e sexualidade, un dos aspectos máis importantes da vida das persoas; dificultando a prevención dos riscos que poden estar asociados ás condutas sexuais e afectivas; e deixando de tratar na escola a relación entre afectividade, sexualidade, respecto pola parella, igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero.
Por outra banda, a deterioración progresiva de todos os servizos e prestacións da sanidade pública competentes para a atención da saúde sexual e reprodutiva e para a prevención dos posibles problemas relacionados con ela: embarazos non desexados, infeccións de transmisión sexual, problemas sexuais e de parella, agresións sexuais, etc.
Na actualidade os Centros de Planeamento Familiar (COF) son os únicos dispositivos públicos especializados na atención integral á saúde sexual das mulleres. Son os únicos centros con competencias, aínda coa súa diversidade, no abordaxe integral socio-sanitario-afectivo-sexual, anticoncepción en todos os seus tipos, interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico periódico, esterilidade, atención á problemática sexual e da parella e actividades educativas e de promoción da saúde afectivo sexual. E ademais, moi importante, todas estes servizos realizados con acceso directo, nun ámbito privado e confidencial no que a muller decide con información e liberdade. Son os centros de referencia e de formación do persoal de atención primaria e do persoal sanitario en formación.
Os Centros de Saúde son os dispositivos básicos de atención e de acceso en todo o territorio. A rede de atención primaria , (persoal administrativo, de enfermería, mediciña de familia, pediatría, traballo social,...), debería ser competente tanto por recursos, como por capacitación e tempo para prestar unha atención sexual e reprodutiva de calidade a todas as mulleres, incluíndo anticoncepción, atención preconcepcional, embarazo e postparto, orientación da demanda de interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico periódico, detección e orientación inicial na problemática sexual e da parella, menopausa e realización de actividades comunitarias de educación sexual e afectiva.

QUEREMOS DENUNCIAR a perda de prestacións públicas galegas na atención da saúde sexual e reprodutiva das mulleres, definido por:
1. Desmantelamento progresivo da rede de COF: Falta de cobertura das prazas do equipo básico interdisciplinar (persoal administrativo, de enfermería ou  especialista en enfermería obstétrica-xinecolóxica, psicoloxía clínica, traballo social e xinecoloxía); centros nos que hai profesionais que comparten actividade noutros dispositivos sanitarios diferentes (outras consultas de xinecoloxía, de saúde mental,…) ou, nalgúns casos, que non se adaptan ao perfil profesional adecuado a este tipo de centros; non cobertura de xubilacións; sobrecarga asistencial. O SERGAS está abandonando esta rede de centros reducindo os seus recursos e prestacións progresivamente. Actualmente as mulleres galegas reciben unha atención desigual xa que os COF actuais non son capaces de cumprir as súas funcións en todos os casos.
2.    A consulta ordinaria de xinecoloxía non atende este tipo de demanda salvo o exame de saúde xinecolóxico e en algúns casos anticoncepción.
3.  Os Centros de Saúde, salvo excepcións dalgunha área de saúde e algúns profesionais de mediciña e especialistas en enfermería obstétrica-xinecolóxica, non prestan atención de saúde sexual e reprodutiva. Atención primaria, en xeral, non está realizando exame de saúde xinecolóxico. Salvo algúns casos nos que se ofrece anticoncepción  hormonal ou se realiza prevención de cancro de útero, podemos dicir que atención primaria non cumpre coas súas funcións.  É o lugar idóneo para a atención da saúde sexual e reprodutiva pero precisa tempo, capacitación e implicación para poder asegurar este servizo con calidade ás mulleres e en todo o territorio. Non se pode dicir cun mínimo de seriedade que as mulleres van recibir esta atención nos centros de saúde sen programar previamente formación e dotación de recursos.
4.    Moitos métodos anticonceptivos hormonais van deixar de ter financiamento público a partir do 1 de agosto, polo que moitas mulleres non poderán mercalos ao encarecerse dun modo importante o seu prezo.
5.     A ameaza de que a anticoncepción de urxencia deixe de ser de libre dispensación.

Este deterioro da atención a saúde sexual e reprodutiva afecta máis especificamente á saúde das mulleres que, como colectivo, sofren de novo a vulneración dos seus dereitos e da súa liberdade. As políticas actuais reafirman unha única identidade feminina asentada na maternidade, apropiándose de novo do corpo e da sexualidade das mulleres e incrementando as desigualdades existentes entre sexos.
Por todo isto, facemos un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación convocada para o día 16 de xuño en Santiago e rexeite con rotundidade a nova lei reguladora do aborto e da saúde sexual e reprodutiva do PP, e esixa o dereito a unha atención de calidade, pública e gratuíta da saúde sexual e reprodutiva con capacidade de decisión libre e informada.

RECLAMAMOS:
1.    A integración da educación afectiva e sexual en todos os niveis da educación, desde infantil ata bacharelato.
2.    A permanencia dos COF de carácter público, interdisciplinario e con persoal e medios suficientes, axeitados e accesibles.
3.    A implantación e consolidación en atención primaria dun programa da muller, integral e de calidade,  co apoio dos Centros de Planeamento Familiar
4.    Financiamento público de todos os métodos anticonceptivos.
5.    Dereito ao aborto gratuito, realizado na sanidade pública e con respecto á libre decisión da muller.

PLATAFORMA POLA DEFENSA DO DEREITO AO ABORTO

Este manifesto pola defensa da atención á saúde sexual e á saúde reproductiva das mulleres, presentaráse aos medios de comunicación en Santiago de Compostela na galería Sargadelos o día 6 de xuño ás 17:00 horas

Asesorías en salud sexual a mujeres inmigrantes


Tenemos el gusto de presentaros el nuevo servicio de “Información y Asesoramiento en Salud Sexual y Reproductiva”, dirigido a mujeres inmigrantes extracomunitarias que, desde la Federación de Planificación Familiar hemos puesto este mes en funcionamiento. Este programa de atención persigue facilitar información y asesoramiento a mujeres inmigrantes para favorecer su bienestar y salud sexual y reproductiva.
Así, este servicio está concebido como un recurso complementario a nuestro trabajo de atención en salud sexual fundamentalmente a través de tres líneas de actuación:
                Información y asesoramiento en consultas personales,
                línea telefónica exclusiva para este programa de atención y
                talleres grupales.


Centro de Anticoncepción y Sexualidad
Ronda de Nelle, 126, bajo d.
A Coruña
Tlf: 698.126.048
Horario:
martes: 10:00 a 14:30 hr.
jueves: 17:15 a 21:00 hr.
viernes: 13:00 a 15:00 hr.

lunes, 27 de mayo de 2013

Continúan las movilizaciones en apoyo a los COF


La plataforma mantendrá las protestas hasta asegurar que las personas puedan ejercer su derecho a una salud sexual y reproductiva en libertad e igualdad

Continúan las movilizaciones para exigir al Sergas la cobertura de la plaza de ginecología en el COF de O Ventorrillo en las mismas condiciones que el resto del equipo. Esta mañana, representantes del grupo de apoyo a los COF, del que forman parte plataformas en defensa de la sanidad pública, asociaciones de vecinos, colectivos ciudadanos y diversos partido políticos, se han concentrado frente al Hospital Materno Infantil para demandar, además, formación del personal en atención primaria, la asignación de responsables en cada centro de salud para asegurar cobertura sanitar a toda la población, la coordinación entre atención primaria y el COF, un cronograma de su aplicación y la concreción del presupuesto para realizar esta actividad. Continuarán con las protestas hasta asegurar que las personas puedan ejercer su derecho a una salud sexual y reproductiva en libertad e igualdad, con recursos suficientes y calidad en todos los concellos del área metropolitana.

Derecho al aborto. Las mujeres decidimos


Las Plataformas y asociaciones de mujeres convocamos concentración este 28 de mayo 2013, con ocasión del Día Internacional de Acción por la Salud de la Mujer, frente al Ministerio de Sanidad, Asuntos sociales e Igualdad,  (Paseo del Prado, nº 18. Madrid 28014), a las 19:00h, para exigir:
‪¡El derecho de todas las mujeres a decidir, incluidas jóvenes y migrantes!
‪¡La Interrupción voluntaria de embarazo (IVE) fuera del Código penal!
‪¡No a la contrarreforma de la Ley de aborto que quiere acometer el Gobierno!
‪¡Garantía de  la práctica de la IVE en el  sistema sanitario público, de forma libre, segura y gratuita!
 ‪¡Regulación de la objeción de conciencia ya!
¡Contra el recorte de nuestros derechos sexuales y reproductivos, ACUDE!

viernes, 24 de mayo de 2013

http://www.quienessonlasmujeresqueabortan.com/


La Plataforma “Decidir nos hace libres” presenta una campaña que llama a la movilización social contra la reforma de la actual Ley del aborto.
Julia Otero, Gaspar Llamazares, Lola Herrena, Uxue Barkos, el Gran Wyoming o Elena Valenciano son algunos de los más de 50 rostros conocidos del mundo de la cultura, la política, el periodismo, los sindicatos o el asociacionismo que han respaldado la iniciativa en Defensa de los Derechos Sexuales y Reproductivos de las mujeres.

Con motivo de esta campaña se ha creado un sitio web http://www.quienessonlasmujeresqueabortan.com/ donde ya está disponible el video  de presentación para embeberlo en tu página web sin publicidad, así como una galería fotográfica en la que aparece cada una de las personas que han participado. 


Mediante este video personas como el Gran Wyoming, Julia Otero, Jon Sistiaga, Lola Herrera o Ana Belén, entre otras, llaman la atención sobre el hecho de que no existe un único perfil de mujer ante la interrupción voluntaria del embarazo, pese a lo que nos quieren hacer creer. Cualquier mujer, con independencia de su etnia, clase social, nivel de estudios, religión, edad, ideología política o circunstancias personales tiene derecho a decidir sobre su maternidad.

La Plataforma y sus acciones

“Decidir nos hace Libres” nace tras el anuncio del partido en el gobierno (Partido Popular) de su intención de limitar los derechos de las mujeres a decidir sobre su maternidad. Aglutina a más de 270 Organizaciones de ámbito estatal, autonómico y local de Mujeres, Centros y Profesionales del ámbito sanitario y Organizaciones Sindicales para defender los derechos sexuales y reproductivos y luchar por evitar los retrocesos en este campo que supondría la reforma de  la actual Ley orgánica 2/2010. www.quienesonlasmujeresqueabortan.com

EN DEFENSA DA SAÚDE DAS MULLERES!!!


NON A REDUCCIÓN DE SERVIZOS XINECOLÓXICOS NOS CENTROS DE ORIENTACIÓN FAMILIAR (COF)

QUÉ PASOU?
A finais do ano pasado o SERGAS decidiu deixar baleira a praza de xinecoloxía do COF (Centro de Orientación Familiar) do Ventorrillo. Isto ía deixar a 152.000 mulleres de 32 municipios da Coruña con somentes 2 xinecólogas/os do COF de Orillamar para atender revisións xerais e atención primaria nesta especialidade. Alén diso, ía aumentar considerabelmente a lista de espera, que era na actualidade de 6 meses no Ventorrillo e de 1 ano en Orillamar.

QUÉ ESTÁ A PASAR AGORA?
A presión cidadá, o apoio de diferentes colectivos e as manifestacións de protesta acadaron que o SERGAS destinase unha xinecóloga dos servizos de atención xinecolóxica ao COF, pero de xeito precario. Esta xinecóloga atende as mulleres que demandan a súa a tención únicamente unha tarde á semana - a do martes – e está ubicada no Hospital Materno e non co resto do equipo de profesionais do COF Ventorrillo, aspectos que perxudican a calidade e eficiencia na atención as mulleres.

O SERGAS non está informando as mulleres usuarias e a cidadanía deste cambio de horario e de lugar na atención xinecolóxica. Queren que este servizo deixe de funcionar, para poder afirmar que o traballo do COF é inútil e así interromper a súa actividade.
Mentres tanto, o persoal de saúde que continúa no centro de Orillamar segue sobrecargado de traballo sen ningún tipo de explicación e sen atender á súa propia saúde física, mental e laboral.

QUÉ QUEREMOS?
● Queremos un servizo sanitario de calidade con suficientes profesionais para atender de forma axeitada o alto número de mulleres que vivimos nesta área.
● Queremos que se dé resposta ás demandas das profesionais dos COF que son as que directamente coñecen as necesidades reais das mulleres e nas que nós, as mulleres da Coruña, confiamos.
● Queremos que as institucións recoñezan, manteñan e poñan todos os medios e recursos necesarios para a mellora dos COF, e o acceso de todas as mulleres aos mesmos.
● Queremos que se reduzan as listas de espera e que se melloren as condicións laborais das traballadoras e traballadores da Saúde Pública.

QUÉ PODEMOS FACER?
● Apoiar as convocatorias, comunicados e accións organizadas pola Plataforma de Apoio aos COF. Información disponibel nos COFs, internete (facebook, twitter, etc) e medios de comunicación.
● Cubrir as follas de reclamacións (xenéricas ou específicas) disponibeis en calquera centro de saúde, de especialidades, atención primaria ou nos COF, demandando que se cubra a praza de xinecoloxia do Ventorrillo e se manteña o funcionamento habitual dos dous COFs da Coruña.

Apoian:
Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública SOS- Sanidade Pública A Coruña; Plataforma polo dereito a decidir en Galicia; Federación de AA.VV de A Coruña e Área Metropolitana; Nomepisesofreghao; Obervatorio feminista de Saúde; Observatorio Mariña pola Igualdade; Comisión da Muller da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda; Colectivo Meigas Radioactivas; AGASEX; PSOE; BNG; Esquerda Unida; Anova; Corrente Vermella; CC.OO; CIG; CUT; Xuventudes Socialistas; IESGA; Xuventudes EU; Galiza Nova

ABORTO LIBRE E GRATUÍTO: As mulleres decidimos


A loita polo dereito das mulleres a decidir a súa maternidade, elas, sen intromisións, ten conformado o cerne do feminismo galego. Unha peza substantiva foi bater na idea de que ser nai é unha obriga. Ser nai é unha posibilidade, unha opción. Elixir implica información, medidas anticonceptivas para aquelas mulleres de prácticas heterosexuais que non queiran quedar embarazadas, medios reais para exercer a maternidade en condicións axeitadas e o regulamento do aborto ou interrupción dun embarazo que non se quere levar a término.

Esta batalla foi dura e persistente no tempo. Morreron mulleres en abortos clandestinos, foron detidas, encausadas e xulgadas. Outras pasaron cárcere xunto con profesionais da sanidade. Foron moitas as que por non poderen interromper o seu embarazo tiveron que enfrontarse a maternidades non desexadas. Dor, humillacións e clandestinidades a grande maioría.

Logo da primeira aprobación da despenalización parcial do aborto en tres supostos en agosto de 1985 co goberno de Felipe González, que deixaba á maior porcentaxe de abortos fora dos tres supostos, seguimos loitando e sempre demandamos información sexual, buscando o porque tantísimas mulleres quedan embarazadas sen quereren. Sabemos moi ben que ningunha muller aborta por gusto senón para evitar un mal máis grande como é traer ao mundo crianzas non desexadas.

Destas loitas conseguiuse o cambio de opinión de amplos sectores sociais anteriormente opostos ao aborto polas prédicas desde púlpitos durante centos e centos de anos e de boa parte da xerarquía da xinecoloxía española.

En 2010 o goberno de Zapatero aproba a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo que pasa a un sistema de prazos con indicacións no caso de malformación do feto. Esta Lei crea unhas condicións de mínima dignidade e respecto á decisión das mulleres aínda moi mellorables (obxección de conciencia, privatización cáseque absoluta da prestación, censura da formación e práctica médica, estigmatización profesional de quen fai abortos...)

Agora o ministro Gallardón á fronte do goberno do PP, preocupado por seguir o ditado da Conferencia Episcopal, do Foro da Familia e organizacións semellantes que forman ese 10% da poboación que pretenden a supresión do aborto e que sexa delicto en todos os casos, queren una volta atrás sen precedentes.

Nosoutras defendemos o dereito da muller a ter a posibilidade real e concreta de decidir se quere ser nai ou non e cando; sen que leis, ministros, bispos, médicos, xuíces ou calquera outra persoa interfiran na súa decisión. Sen que tampouco a Red Madre ou a Lei de Familia apreten e presionen ás mulleres embarazadas.

Queremos que se poñan a dispor de todas as mulleres que queren ser nais as posibilidades de facelo (servizos sociais públicos, escolas infantís, vivenda, comedores escolares, traballos con salarios e horarios que permitan a crianza) e que as administracións cumpran co seu cometido facilitando a nais e pais a posibilidade real de facer compatible traballo e familia.

Queremos que exista o dereito ao aborto libre, sen máis causas que a vontade da muller nas primeiras semanas, na carteira de servizos da sanidade pública.

E non queremos que se nos titorice. Somos capaces, sabemos o que decidimos.

Por todo isto, opoñémonos e denunciamos a intención do goberno do Partido Popular que, ao ditado da Conferencia Episcopal, en troca de mellorar as nosas vidas, garantir os nosos dereitos e as nosas liberdades, ponse a recortar unha lei que conta co apoio da maior parte da poboación.

Nosoutras parimos, nosoutras decidimos.
A liberdade de ser nai pasa pola liberdade de non selo.
Aborto libre, gratuíto, na sanidade pública e á decisión da muller

PLATAFORMA POLA DEFENSA DO DEREITO AO ABORTO


Listado de organizacións que compoñen a PLATAFORMA POLA DEFENSA DO DEREITO O ABORTO:
Adiante, AGIR, Andaina, ANOVA, Asamblea de Mulleres de Galiza Nova, Asociación CDR Virxe do Carme de Camariñas, Asociación de Mulleres Dorna, Asociación Enriqueta Otero, Asociación “Finisterrae” de profesionais de desenvolvemento local (AFIPRODEL), Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGASEX), Asociación Líder, Asociación profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA), Asociación Púrpura, Asociación Teenses pola Igualdade, BNG, Briga, CCOO de Galicia, Conas Ceives, CIG, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, STEG, Federación de asociacións de Mulleres rurais de Galicia (FADEMUR), Foro Feminista Falando Nós, FPG, Grupo LGTB 7 cores, ISCA!, Liga estudantil galega, Marcha Mundial das Mulleres, Médicas do mundo, Mulleres en Acción do Barbanza, Mulleres Luguesas contra a violencia de xénero, Mulheres nacionalistas galegas, Mulleres progresistas Alba, Mulleres progresistas de Poio, Nós-UP, Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Plataforma SOS Sanidade Pública, PSdeG-PSOE, Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, Rede feminista de Compostela, Rede provincial Pontevedra pola Igualdade, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Sexoloxía, UGT Galicia, Unións Agrarias-UPA Galicia, Viudas Demócratas de Vigo, Xuventude Comunista de Galiza, Xuventudes Socialistas de Galicia.


jueves, 16 de mayo de 2013

I Xornada Universitaria Galega en Xénero. Roles de xénero en tempos de crise. I XUGeX


As oficinas/unidades de igualdade das tres universidades galegas organizamos a I Xornada Universitaria Galega en Xénero que se celebrará os días 20 e 21 de xuño en Santiago de Compostela.
A Xornada nace con vocación de continuidade e cada ano achegarase aos temas de xénero dende perspectivas distintas cunha visión multidisciplinar.
Nun momento de crise económica, financeira, social e cultural como o actual, este ano a Xornada concentrarase en reflexionar sobre as repercusións desta crise nos roles de xénero. A I Xornada Universitaria Galega en Xénero: Roles de xénero en tempos de crise analiza tres áreas temáticas:
+Políticas públicas de igualdade. Coordina: Oficina de Igualdade de Xénero da USC
+Mulleres e mercado laboral. Coordina: Oficina para a Igualdade de Xénero. UDC
+Corresponsabilidade e conciliación. Coordina: Unidade de Igualdade. UVigo

sábado, 11 de mayo de 2013

El gobierno retrasa la ley del aborto ante la división interna que genera


La división interna que genera la ley del aborto, y que ha estallado muy claramente esta semana, ha llevado al presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, a aparcar esta norma hasta encontrar un claro consenso interno. A pesar de que el ministro de Justicia, Alberto Ruiz-Gallardón, asegura que presentará el texto “pronto”, la ley no está en la agenda de reformas inminentes, según estas fuentes. De hecho, ni siquiera es la primera en cartera en el Ministerio de Justicia, que antes tiene que sacar adelante la del Código Penal. Y ni el Gobierno en privado ni ayer en público la propia vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, muestran ninguna prisa por sacar adelante esta polémica norma. De modo que el choque interno continuará hasta que Rajoy decida definitivamente.
La ley del aborto quema. Cada vez que el PP intenta llegar a un acuerdo sobre ella, estalla la división interna que genera. Acercarse a ella es arriesgarse a que la polémica acabe con la imagen de quien la protagoniza. Tal vez por eso los tres principales protagonistas del Gobierno en este asunto —Gallardón, Santamaría y Mariano Rajoy— parecen buscar una forma de repartir el coste.

Mujeres y hombres en lucha contra la ablación en África y Europa hablan de los retos para su erradicación


Joana G. Grenzner
Hace ya más de 30 años que las primeras asociaciones contra la mutilación genital femenina rompieron el tabú del silencio sobre esta práctica en África y Europa y empezaron a luchar por su erradicación.
Hace ya más de 30 años que las primeras asociaciones contra la mutilación genital femenina rompieron el tabú del silencio sobre esta práctica en África y Europa y empezaron a luchar por su erradicación, objetivo al que la ONU se sumó con su primera declaración de condena de la ablación el pasado noviembre. Mujeres y hombres implicados en la lucha contra esta forma de violencia de género celebran los importantes logros alcanzados y formulan los retos que plantea esta lucha contracorriente.
En este tiempo, el movimiento contra la mutilación genital femenina (extirpación parcial o total de los órganos genitales femeninos) ha logrado cambios históricos: más de 8.000 comunidades africanas y 15 países de la región se han comprometido a abandonarla en los últimos tres años.  Tras estos logros está el trabajo de sensibilización y formación en cascada que realizan asociaciones como GAMCOTRAP en Gambia; la ONG Tostan, que trabaja en Gambia, Senegal y el Estado español; la Red Daphne, unión de entidades que trabajan en Europa por esta causa, y, en el Estado Español, Equis (Equip de Sensibilització contra la mutilació genital femenina), l’ Associació de Dones Immigrants Subsaharianes (ADDIS) en Catalunya y la Asociación de Mujeres Antimutilación  (AMMAM) de  Gambia, con sede en Catalunya.

viernes, 3 de mayo de 2013

El aborto, en manos de la ‘caverna’


ISABEL SERRANO
Una vez más, malos tiempos para las mujeres y para la libertad. No somos libres si no podemos decidir sobre nuestra intimidad, nuestros cuerpos y nuestras vidas. El debate actual sobre el aborto resurge, y resurgirá, mientras los fundamentalismos religiosos, no mayoritarios pero sí muy poderosos, impongan su interpretación moral, autoritaria y anacrónica, del hecho de dar vida. Si la vida la da y la quita Dios, que el embarazo se desarrolle en el cuerpo de la mujer puede resultar un estorbo. ¿Y quién representa en la tierra a ese su Dios, único y verdadero? Pues ellos mismos; la poderosa jerarquía eclesiástica, en este caso católica, que como siempre quiere imponer su verdad no sólo a los católicos sino a la sociedad en general. Verdad que olvidando sus principios de actuación en conciencia, caridad, humildad y respeto a los demás, convierten su discurso sobre el aborto en universal, para todos y para siempre.

Las mujeres, esos seres que algunos consideran despreciables, que hacen todo lo posible para quedarse embarazadas para luego deshacerse del hijo que llevan dentro, no son maduras ni responsables para decidir. Así que son ellos, o sus acólitos, quiénes decidirán por ellas. Curioso es que sea siempre la jerarquía eclesiástica, conformada por hombres, la que más presión ejerce. Ellos, que se niegan a sí mismos algo tan bello como ser padres y la emoción de la sexualidad que busca dar vida a un nuevo ser deseado, no son los más indicados para hablar de maternidad ni paternidad, para negar la capacidad de elegir de los demás ni para temer algo tan absurdo como que el mundo se puede acabar con tantos abortos y tanta homosexualidad.

Irlanda permitirá abortar a las mujeres en peligro de muerte o riesgo de suicidio


La ley de 1983 ya situó de forma genérica el derecho a la vida de la madre al mismo nivel que el del no nacido, pero la intervención rara vez se practica.
Entre 4.000 y 7.000 mujeres viajan cada año a Reino Unido para interrumpir el embarazo.
La coalición que gobierna Irlanda alcanzó el martes por la noche un acuerdo para modificar la restrictiva legislación sobre el aborto que permitirá abortar a las mujeres en peligro de muerte si no interrumpen el embarazo, incluidas aquellas que tienen un riesgo claro de suicidarse. Aunque la ley ya contemplaba desde 1983 el derecho a la vida de la madre al mismo nivel que el del no nacido, y desde 1992 incluía el riesgo de suicidio entre los factores de peligro de muerte, lo hacía de forma genérica y en la práctica rara vez se realizan interrupciones del embarazo. Entre 4.000 y 7.000 mujeres viajan cada año al vecino Reino Unido para abortar.
Los grupos proaborto han denunciado que las propuestas aprobadas por el Gobierno apenas van a cambiar esa situación, pero los grupos antiaborto opinan que la nueva legislación va a abrir las puertas al aborto, en particular al incluir el riesgo de suicidio como factor. La propuesta aprobada por la coalición de los conservadores nacionalistas del Fine Gael y el Partido Laborista, que ha de ser aprobada por las dos cámaras del Parlamento, es, sin embargo, claramente restrictiva en ese aspecto. Un panel de tres médicos (un obstetra y dos psiquiatras) deben certificar por unanimidad que existe realmente un riesgo de suicidio. Si niegan el derecho de la mujer a interrumpir su embarazo, esta podrá recurrir a un segundo panel de tres médicos.

OBRADOIRO REDES VIGO