jueves, 16 de mayo de 2013

I Xornada Universitaria Galega en Xénero. Roles de xénero en tempos de crise. I XUGeX


As oficinas/unidades de igualdade das tres universidades galegas organizamos a I Xornada Universitaria Galega en Xénero que se celebrará os días 20 e 21 de xuño en Santiago de Compostela.
A Xornada nace con vocación de continuidade e cada ano achegarase aos temas de xénero dende perspectivas distintas cunha visión multidisciplinar.
Nun momento de crise económica, financeira, social e cultural como o actual, este ano a Xornada concentrarase en reflexionar sobre as repercusións desta crise nos roles de xénero. A I Xornada Universitaria Galega en Xénero: Roles de xénero en tempos de crise analiza tres áreas temáticas:
+Políticas públicas de igualdade. Coordina: Oficina de Igualdade de Xénero da USC
+Mulleres e mercado laboral. Coordina: Oficina para a Igualdade de Xénero. UDC
+Corresponsabilidade e conciliación. Coordina: Unidade de Igualdade. UVigo

No hay comentarios: