viernes, 24 de mayo de 2013

EN DEFENSA DA SAÚDE DAS MULLERES!!!


NON A REDUCCIÓN DE SERVIZOS XINECOLÓXICOS NOS CENTROS DE ORIENTACIÓN FAMILIAR (COF)

QUÉ PASOU?
A finais do ano pasado o SERGAS decidiu deixar baleira a praza de xinecoloxía do COF (Centro de Orientación Familiar) do Ventorrillo. Isto ía deixar a 152.000 mulleres de 32 municipios da Coruña con somentes 2 xinecólogas/os do COF de Orillamar para atender revisións xerais e atención primaria nesta especialidade. Alén diso, ía aumentar considerabelmente a lista de espera, que era na actualidade de 6 meses no Ventorrillo e de 1 ano en Orillamar.

QUÉ ESTÁ A PASAR AGORA?
A presión cidadá, o apoio de diferentes colectivos e as manifestacións de protesta acadaron que o SERGAS destinase unha xinecóloga dos servizos de atención xinecolóxica ao COF, pero de xeito precario. Esta xinecóloga atende as mulleres que demandan a súa a tención únicamente unha tarde á semana - a do martes – e está ubicada no Hospital Materno e non co resto do equipo de profesionais do COF Ventorrillo, aspectos que perxudican a calidade e eficiencia na atención as mulleres.

O SERGAS non está informando as mulleres usuarias e a cidadanía deste cambio de horario e de lugar na atención xinecolóxica. Queren que este servizo deixe de funcionar, para poder afirmar que o traballo do COF é inútil e así interromper a súa actividade.
Mentres tanto, o persoal de saúde que continúa no centro de Orillamar segue sobrecargado de traballo sen ningún tipo de explicación e sen atender á súa propia saúde física, mental e laboral.

QUÉ QUEREMOS?
● Queremos un servizo sanitario de calidade con suficientes profesionais para atender de forma axeitada o alto número de mulleres que vivimos nesta área.
● Queremos que se dé resposta ás demandas das profesionais dos COF que son as que directamente coñecen as necesidades reais das mulleres e nas que nós, as mulleres da Coruña, confiamos.
● Queremos que as institucións recoñezan, manteñan e poñan todos os medios e recursos necesarios para a mellora dos COF, e o acceso de todas as mulleres aos mesmos.
● Queremos que se reduzan as listas de espera e que se melloren as condicións laborais das traballadoras e traballadores da Saúde Pública.

QUÉ PODEMOS FACER?
● Apoiar as convocatorias, comunicados e accións organizadas pola Plataforma de Apoio aos COF. Información disponibel nos COFs, internete (facebook, twitter, etc) e medios de comunicación.
● Cubrir as follas de reclamacións (xenéricas ou específicas) disponibeis en calquera centro de saúde, de especialidades, atención primaria ou nos COF, demandando que se cubra a praza de xinecoloxia do Ventorrillo e se manteña o funcionamento habitual dos dous COFs da Coruña.

Apoian:
Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública SOS- Sanidade Pública A Coruña; Plataforma polo dereito a decidir en Galicia; Federación de AA.VV de A Coruña e Área Metropolitana; Nomepisesofreghao; Obervatorio feminista de Saúde; Observatorio Mariña pola Igualdade; Comisión da Muller da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda; Colectivo Meigas Radioactivas; AGASEX; PSOE; BNG; Esquerda Unida; Anova; Corrente Vermella; CC.OO; CIG; CUT; Xuventudes Socialistas; IESGA; Xuventudes EU; Galiza Nova

No hay comentarios: