RECLAMAMOS:
|
1.
A integración da educación afectiva e sexual en todos os niveis da
educación, desde infantil ata bacharelato.
2.
A permanencia dos COF de carácter público, interdisciplinario e con
persoal e medios suficientes, axeitados e accesibles.
3.
A implantación e consolidación en atención primaria dun programa da
muller, integral e de calidade,
co apoio dos Centros de Planeamento Familiar
4.
Financiamento público de todos os métodos anticonceptivos.
5.
Dereito ao aborto
gratuito, realizado na sanidade pública e con respecto á libre decisión da
muller.
|
domingo, 2 de junio de 2013
MANIFESTO POLO DEREITO A UNHA ATENCIÓN PÚBLICA E DE CALIDADE DA SAÚDE SEXUAL E DA SAÚDE REPRODUCTIVA
Estamos vivindo un grave retroceso dos dereitos das persoas en xeral, e dos
dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, en particular.
Estes dereitos sexuais e reprodutivos están recollidos como dereitos
humanos fundamentais en todos os tratados internacionais desde os anos 90.
Foron subscritos polo goberno español e polo tanto son de obrigado cumprimento
tamén para o goberno galego.
A agresión máis visible a estes dereitos é a modificación prevista do
goberno do Partido Popular da Interrupción Voluntaria do Embarazo, usurpando ás
mulleres o seu dereito a decidir se desexan ser nais, e en que momento das súas
vidas queren facelo.
Pero hoxe queremos chamar a atención doutras agresións á saúde sexual e
reprodutiva das mulleres, que pasan moito máis desapercibidas para a cidadanía
como son, por un lado, a eliminación da educación sexual e afectiva das escolas
na nova lei do PP,
renunciando deste xeito á promoción da afectividade e sexualidade, un dos aspectos
máis importantes da vida das persoas; dificultando a prevención dos riscos que
poden estar asociados ás condutas sexuais e afectivas; e deixando de tratar na
escola a relación entre afectividade, sexualidade, respecto pola parella,
igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero.
Por outra banda, a deterioración progresiva de todos os servizos e
prestacións da sanidade pública competentes para a atención da saúde sexual e
reprodutiva e para a prevención dos posibles problemas relacionados con ela:
embarazos non desexados, infeccións de transmisión sexual, problemas sexuais e
de parella, agresións sexuais, etc.
Na actualidade os Centros de Planeamento Familiar (COF) son os únicos
dispositivos públicos especializados na atención integral á saúde sexual das
mulleres. Son os únicos centros con competencias, aínda coa súa diversidade, no
abordaxe integral socio-sanitario-afectivo-sexual, anticoncepción en todos os
seus tipos, interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico
periódico, esterilidade, atención á problemática sexual e da parella e
actividades educativas e de promoción da saúde afectivo sexual. E ademais, moi
importante, todas estes servizos realizados con acceso directo, nun ámbito
privado e confidencial no que a muller decide con información e liberdade. Son
os centros de referencia e de formación do persoal de atención primaria e do
persoal sanitario en formación.
Os Centros de Saúde son os dispositivos básicos de atención e de acceso en
todo o territorio. A rede de atención primaria , (persoal administrativo, de
enfermería, mediciña de familia, pediatría, traballo social,...), debería ser
competente tanto por recursos, como por capacitación e tempo para prestar unha
atención sexual e reprodutiva de calidade a todas as mulleres, incluíndo
anticoncepción, atención preconcepcional, embarazo e postparto, orientación da
demanda de interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico
periódico, detección e orientación inicial na problemática sexual e da parella,
menopausa e realización de actividades comunitarias de educación sexual e
afectiva.
QUEREMOS DENUNCIAR a perda de prestacións públicas galegas na atención da
saúde sexual e reprodutiva das mulleres, definido por:
1. Desmantelamento progresivo da rede de COF: Falta de
cobertura das prazas do equipo básico interdisciplinar (persoal administrativo,
de enfermería ou especialista en
enfermería obstétrica-xinecolóxica, psicoloxía clínica, traballo social e
xinecoloxía); centros nos que hai profesionais que comparten actividade noutros
dispositivos sanitarios diferentes (outras consultas de xinecoloxía, de saúde
mental,…) ou, nalgúns casos, que non se adaptan ao perfil profesional adecuado
a este tipo de centros; non cobertura de xubilacións; sobrecarga asistencial. O
SERGAS está abandonando esta rede de centros reducindo os seus recursos e
prestacións progresivamente. Actualmente as mulleres galegas reciben unha
atención desigual xa que os COF actuais non son capaces de cumprir as súas
funcións en todos os casos.
2.
A consulta ordinaria de xinecoloxía non atende este tipo
de demanda salvo o exame de saúde xinecolóxico e en algúns casos anticoncepción.
3. Os Centros de Saúde, salvo excepcións dalgunha área de
saúde e algúns profesionais de mediciña e especialistas en enfermería
obstétrica-xinecolóxica, non prestan atención de saúde sexual e reprodutiva.
Atención primaria, en xeral, non está realizando exame de saúde xinecolóxico.
Salvo algúns casos nos que se ofrece anticoncepción hormonal ou se realiza prevención de cancro de útero,
podemos dicir que atención primaria non cumpre coas súas funcións. É o lugar idóneo para a atención da
saúde sexual e reprodutiva pero precisa tempo, capacitación e implicación para
poder asegurar este servizo con calidade ás mulleres e en todo o territorio.
Non se pode dicir cun mínimo de seriedade que as mulleres van recibir esta
atención nos centros de saúde sen programar previamente formación e dotación de
recursos.
4.
Moitos métodos anticonceptivos hormonais van deixar de
ter financiamento público a partir do 1 de agosto, polo que moitas mulleres non
poderán mercalos ao encarecerse dun modo importante o seu prezo.
5.
A ameaza de
que a anticoncepción de urxencia deixe de ser de libre dispensación.
Este deterioro da atención a saúde sexual e reprodutiva afecta máis
especificamente á saúde das mulleres que, como colectivo, sofren de novo a
vulneración dos seus dereitos e da súa liberdade. As políticas actuais
reafirman unha única identidade feminina asentada na maternidade, apropiándose
de novo do corpo e da sexualidade das mulleres e incrementando as desigualdades
existentes entre sexos.
Por todo isto, facemos un chamamento á cidadanía para que participe na
manifestación convocada para o día 16 de xuño en Santiago e rexeite con
rotundidade a nova lei reguladora do aborto e da saúde sexual e reprodutiva do
PP, e esixa o dereito a unha atención de calidade, pública e gratuíta da saúde
sexual e reprodutiva con capacidade de decisión libre e informada.
PLATAFORMA POLA DEFENSA DO
DEREITO AO ABORTO
Este
manifesto pola defensa da atención á saúde sexual e á saúde reproductiva das mulleres, presentaráse
aos medios de comunicación en Santiago de Compostela na galería Sargadelos o día
6 de xuño ás 17:00 horas
Asesorías en salud sexual a mujeres inmigrantes
Tenemos el gusto de presentaros el nuevo servicio de “Información
y Asesoramiento en Salud Sexual y Reproductiva”, dirigido a mujeres inmigrantes
extracomunitarias que, desde la Federación de Planificación Familiar hemos
puesto este mes en funcionamiento. Este
programa de atención persigue facilitar información y asesoramiento a mujeres
inmigrantes para favorecer su bienestar y salud sexual y reproductiva.
Así, este servicio está
concebido como un recurso complementario
a nuestro trabajo de atención en salud sexual fundamentalmente a través de tres
líneas de actuación:
•
Información y asesoramiento en consultas
personales,
•
línea telefónica exclusiva para este programa de atención y
•
talleres grupales.
Centro de Anticoncepción
y Sexualidad
Ronda de Nelle, 126,
bajo d.
A Coruña
Tlf: 698.126.048
Horario:
martes: 10:00 a 14:30 hr.
jueves: 17:15 a 21:00 hr.
viernes: 13:00 a 15:00 hr.
lunes, 27 de mayo de 2013
Continúan las movilizaciones en apoyo a los COF
La plataforma mantendrá las protestas hasta asegurar
que las personas puedan ejercer su derecho a una salud sexual y reproductiva en
libertad e igualdad
Continúan las
movilizaciones para exigir al Sergas la
cobertura de la plaza de ginecología en el COF de O Ventorrillo en las
mismas condiciones que el resto del equipo. Esta mañana, representantes del grupo de apoyo a los COF, del que forman parte plataformas
en defensa de la sanidad pública, asociaciones de vecinos, colectivos
ciudadanos y diversos partido políticos, se han concentrado frente al Hospital Materno Infantil para demandar,
además, formación del personal en atención primaria, la asignación de
responsables en cada centro de salud para asegurar cobertura sanitar a toda la población, la coordinación entre
atención primaria y el COF, un cronograma de su aplicación y la concreción del
presupuesto para realizar esta actividad. Continuarán con las protestas hasta
asegurar que las personas puedan ejercer su derecho a una salud sexual y reproductiva en libertad e igualdad,
con recursos suficientes y calidad en todos los concellos del área metropolitana.
Etiquetas:
derechos sexuales,
recursos,
salud sexual
Derecho al aborto. Las mujeres decidimos
Las Plataformas y
asociaciones de mujeres convocamos concentración
este 28 de mayo 2013, con ocasión del Día
Internacional de Acción por la Salud de la Mujer, frente al Ministerio de
Sanidad, Asuntos sociales e Igualdad, (Paseo del Prado, nº 18. Madrid 28014), a las 19:00h, para exigir:
¡El derecho de todas las
mujeres a decidir, incluidas jóvenes y migrantes!
¡La Interrupción
voluntaria de embarazo (IVE) fuera del Código penal!
¡No a la contrarreforma
de la Ley de aborto que quiere acometer el Gobierno!
¡Garantía
de la práctica de la IVE en el sistema sanitario público,
de forma libre, segura y gratuita!
¡Regulación de la objeción de conciencia ya!
¡Contra el recorte de nuestros derechos sexuales y reproductivos,
ACUDE!
Etiquetas:
aborto,
convocatorias,
derechos sexuales,
salud sexual
viernes, 24 de mayo de 2013
http://www.quienessonlasmujeresqueabortan.com/
La Plataforma “Decidir nos hace libres” presenta una campaña que llama a la movilización
social contra la reforma de la actual Ley del aborto.
Julia Otero, Gaspar Llamazares, Lola Herrena, Uxue
Barkos, el Gran Wyoming o Elena Valenciano son algunos de los más de 50 rostros
conocidos del mundo de la cultura, la política, el periodismo, los sindicatos o
el asociacionismo que han respaldado la iniciativa en Defensa de los Derechos
Sexuales y Reproductivos de las mujeres.
Con motivo de esta campaña se ha creado un sitio web http://www.quienessonlasmujeresqueabortan.com/ donde ya está disponible el video
de presentación para embeberlo en tu página web sin publicidad, así como una galería
fotográfica en la que aparece cada una de las personas que han
participado.
Mediante este video personas como el Gran Wyoming,
Julia Otero, Jon Sistiaga, Lola Herrera o Ana Belén, entre otras, llaman la
atención sobre el hecho de que no existe un único perfil de mujer ante la
interrupción voluntaria del embarazo, pese a lo que nos quieren hacer creer.
Cualquier mujer, con independencia de su etnia, clase social, nivel de
estudios, religión, edad, ideología política o circunstancias personales tiene
derecho a decidir sobre su maternidad.
La Plataforma y sus acciones
“Decidir nos hace Libres” nace tras el anuncio del
partido en el gobierno (Partido Popular) de su intención de limitar los
derechos de las mujeres a decidir sobre su maternidad. Aglutina a más de 270 Organizaciones de ámbito estatal, autonómico y local de Mujeres, Centros y
Profesionales del ámbito sanitario y Organizaciones Sindicales para defender
los derechos sexuales y reproductivos y luchar por evitar los retrocesos en
este campo que supondría la reforma de
la actual Ley orgánica 2/2010. www.quienesonlasmujeresqueabortan.com
Etiquetas:
aborto,
derechos sexuales,
educación sexual,
salud sexual
EN DEFENSA DA SAÚDE DAS MULLERES!!!
NON A
REDUCCIÓN DE SERVIZOS XINECOLÓXICOS NOS CENTROS DE ORIENTACIÓN FAMILIAR (COF)
QUÉ PASOU?
A finais do ano pasado o SERGAS decidiu deixar baleira a praza de xinecoloxía
do COF (Centro de Orientación Familiar) do Ventorrillo. Isto ía deixar a 152.000 mulleres de 32 municipios da
Coruña con somentes 2 xinecólogas/os do
COF de Orillamar para atender revisións xerais e atención primaria nesta
especialidade. Alén diso, ía aumentar considerabelmente a lista de espera, que
era na actualidade de 6 meses no Ventorrillo e de 1 ano en Orillamar.
QUÉ ESTÁ A
PASAR AGORA?
A presión cidadá, o apoio de diferentes colectivos e
as manifestacións de protesta acadaron que o SERGAS destinase unha xinecóloga dos servizos de atención xinecolóxica ao COF, pero de xeito
precario. Esta xinecóloga atende as mulleres que demandan a súa a tención únicamente unha tarde á semana - a do martes – e está ubicada
no Hospital Materno e non co resto do equipo de profesionais do COF
Ventorrillo, aspectos que perxudican a
calidade e eficiencia na atención as mulleres.
O SERGAS non
está informando as mulleres usuarias e a cidadanía deste cambio de horario
e de lugar na atención xinecolóxica. Queren que este servizo deixe de
funcionar, para poder afirmar que o traballo do COF é inútil e así interromper
a súa actividade.
Mentres tanto, o persoal de saúde que continúa no
centro de Orillamar segue sobrecargado de traballo sen ningún tipo de
explicación e sen atender á súa propia saúde física, mental e laboral.
QUÉ
QUEREMOS?
● Queremos un servizo sanitario de calidade con
suficientes profesionais para atender de forma axeitada o alto número de
mulleres que vivimos nesta área.
● Queremos que se dé resposta ás demandas das
profesionais dos COF que son as que directamente coñecen as necesidades reais
das mulleres e nas que nós, as mulleres da Coruña, confiamos.
● Queremos que as institucións recoñezan, manteñan e
poñan todos os medios e recursos necesarios para a mellora dos COF, e o acceso
de todas as mulleres aos mesmos.
● Queremos que se reduzan as listas de espera e que
se melloren as condicións laborais das traballadoras e traballadores da Saúde
Pública.
QUÉ PODEMOS
FACER?
● Apoiar as convocatorias, comunicados e accións
organizadas pola Plataforma de Apoio aos COF. Información disponibel nos COFs,
internete (facebook, twitter, etc) e medios de comunicación.
● Cubrir as follas de reclamacións (xenéricas ou
específicas) disponibeis en calquera centro de saúde, de especialidades,
atención primaria ou nos COF, demandando que se cubra a praza de xinecoloxia do
Ventorrillo e se manteña o funcionamento habitual dos dous COFs da Coruña.
Apoian:
Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública
SOS- Sanidade Pública A Coruña; Plataforma polo dereito a decidir en Galicia; Federación
de AA.VV de A Coruña e Área Metropolitana; Nomepisesofreghao; Obervatorio
feminista de Saúde; Observatorio Mariña pola Igualdade; Comisión da Muller da
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda; Colectivo Meigas Radioactivas; AGASEX;
PSOE; BNG; Esquerda Unida; Anova; Corrente Vermella; CC.OO; CIG; CUT;
Xuventudes Socialistas; IESGA; Xuventudes EU; Galiza Nova
ABORTO LIBRE E GRATUÍTO: As mulleres decidimos
A loita polo dereito das mulleres a decidir a súa
maternidade, elas, sen intromisións, ten conformado o cerne do feminismo
galego. Unha peza substantiva foi bater na idea de que ser nai é unha obriga.
Ser nai é unha posibilidade, unha opción. Elixir implica información, medidas
anticonceptivas para aquelas mulleres de prácticas heterosexuais que non
queiran quedar embarazadas, medios reais para exercer a maternidade en
condicións axeitadas e o regulamento do aborto ou interrupción dun embarazo que
non se quere levar a término.
Esta batalla foi dura e persistente no tempo.
Morreron mulleres en abortos clandestinos, foron detidas, encausadas e
xulgadas. Outras pasaron cárcere xunto con profesionais da sanidade. Foron
moitas as que por non poderen interromper o seu embarazo tiveron que
enfrontarse a maternidades non desexadas. Dor, humillacións e clandestinidades
a grande maioría.
Logo da primeira aprobación da despenalización
parcial do aborto en tres supostos en agosto de 1985 co goberno de Felipe
González, que deixaba á maior porcentaxe de abortos fora dos tres supostos,
seguimos loitando e sempre demandamos información sexual, buscando o porque
tantísimas mulleres quedan embarazadas sen quereren. Sabemos moi ben que
ningunha muller aborta por gusto senón para evitar un mal máis grande como é
traer ao mundo crianzas non desexadas.
Destas loitas conseguiuse o cambio de opinión de
amplos sectores sociais anteriormente opostos ao aborto polas prédicas desde
púlpitos durante centos e centos de anos e de boa parte da xerarquía da
xinecoloxía española.
En 2010 o goberno de Zapatero aproba a Lei de Saúde
Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo que pasa a un
sistema de prazos con indicacións no caso de malformación do feto. Esta Lei
crea unhas condicións de mínima dignidade e respecto á decisión das mulleres
aínda moi mellorables (obxección de conciencia, privatización cáseque absoluta
da prestación, censura da formación e práctica médica, estigmatización
profesional de quen fai abortos...)
Agora o ministro Gallardón á fronte do goberno do PP,
preocupado por seguir o ditado da Conferencia Episcopal, do Foro da Familia e
organizacións semellantes que forman ese 10% da poboación que pretenden a
supresión do aborto e que sexa delicto en todos os casos, queren una volta
atrás sen precedentes.
Nosoutras defendemos o dereito da muller a ter a
posibilidade real e concreta de decidir se quere ser nai ou non e cando; sen
que leis, ministros, bispos, médicos, xuíces ou calquera outra persoa
interfiran na súa decisión. Sen que tampouco a Red Madre ou a Lei de Familia
apreten e presionen ás mulleres embarazadas.
Queremos que se poñan a dispor de todas as mulleres
que queren ser nais as posibilidades de facelo (servizos sociais públicos,
escolas infantís, vivenda, comedores escolares, traballos con salarios e
horarios que permitan a crianza) e que as administracións cumpran co seu
cometido facilitando a nais e pais a posibilidade real de facer compatible
traballo e familia.
Queremos que exista o dereito ao aborto libre, sen
máis causas que a vontade da muller nas primeiras semanas, na carteira de
servizos da sanidade pública.
E non queremos que se nos titorice. Somos capaces,
sabemos o que decidimos.
Por todo isto, opoñémonos e denunciamos a intención
do goberno do Partido Popular que, ao ditado da Conferencia Episcopal, en troca
de mellorar as nosas vidas, garantir os nosos dereitos e as nosas liberdades,
ponse a recortar unha lei que conta co apoio da maior parte da poboación.
Nosoutras parimos, nosoutras decidimos.
A liberdade de ser nai pasa pola liberdade de non
selo.
Aborto libre, gratuíto, na sanidade pública e á
decisión da muller
PLATAFORMA
POLA DEFENSA DO DEREITO AO ABORTO
Listado
de organizacións que compoñen a PLATAFORMA POLA DEFENSA DO DEREITO O ABORTO:
Adiante, AGIR, Andaina, ANOVA, Asamblea de Mulleres de Galiza Nova,
Asociación CDR Virxe do Carme de Camariñas, Asociación de Mulleres Dorna,
Asociación Enriqueta Otero, Asociación “Finisterrae” de profesionais de
desenvolvemento local (AFIPRODEL), Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGASEX),
Asociación Líder, Asociación profesional de Axentes de Igualdade de
Oportunidades Galega (APAIOGA), Asociación Púrpura, Asociación Teenses pola
Igualdade, BNG, Briga, CCOO de Galicia, Conas Ceives, CIG, Espazo
Ecosocialista, Esquerda Unida, STEG, Federación de asociacións de Mulleres
rurais de Galicia (FADEMUR), Foro Feminista Falando Nós, FPG, Grupo LGTB 7
cores, ISCA!, Liga estudantil galega, Marcha Mundial das Mulleres, Médicas do
mundo, Mulleres en Acción do Barbanza, Mulleres Luguesas contra a violencia de
xénero, Mulheres nacionalistas galegas, Mulleres progresistas Alba, Mulleres
progresistas de Poio, Nós-UP, Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade
Pública, Plataforma SOS Sanidade Pública, PSdeG-PSOE, Rede de Mulleres contra
os malos tratos de Vigo, Rede feminista de Compostela, Rede provincial Pontevedra
pola Igualdade, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Sexoloxía, UGT
Galicia, Unións Agrarias-UPA Galicia, Viudas Demócratas de Vigo, Xuventude
Comunista de Galiza, Xuventudes Socialistas de Galicia.
Etiquetas:
aborto,
derechos sexuales,
salud sexual
jueves, 16 de mayo de 2013
I Xornada Universitaria Galega en Xénero. Roles de xénero en tempos de crise. I XUGeX
As oficinas/unidades de igualdade das tres universidades galegas
organizamos a I Xornada Universitaria
Galega en Xénero que se celebrará os días 20 e 21 de xuño en Santiago de
Compostela.
A Xornada nace con vocación de continuidade e cada ano
achegarase aos temas de xénero dende perspectivas distintas cunha visión
multidisciplinar.
Nun momento de crise económica, financeira, social e cultural como
o actual, este ano a Xornada concentrarase en reflexionar sobre as repercusións
desta crise nos roles de xénero. A I
Xornada Universitaria Galega en Xénero: Roles de xénero en tempos de crise analiza
tres áreas temáticas:
+Políticas públicas de
igualdade. Coordina: Oficina de Igualdade de Xénero da USC
+Mulleres e mercado
laboral. Coordina: Oficina para a Igualdade de Xénero. UDC
+Corresponsabilidade e
conciliación. Coordina: Unidade de Igualdade. UVigo
Etiquetas:
igualdad y género,
jornadas
sábado, 11 de mayo de 2013
El gobierno retrasa la ley del aborto ante la división interna que genera
La división interna que genera la ley del aborto, y que ha
estallado muy claramente esta semana, ha llevado al presidente del Gobierno, Mariano
Rajoy, a aparcar esta norma hasta encontrar un claro consenso interno. A pesar
de que el ministro de Justicia, Alberto Ruiz-Gallardón, asegura que presentará
el texto “pronto”, la ley no está en la agenda de reformas inminentes, según
estas fuentes. De hecho, ni siquiera es la primera en cartera en el Ministerio
de Justicia, que antes tiene que sacar adelante la del Código Penal. Y ni el
Gobierno en privado ni ayer en público la propia vicepresidenta, Soraya Sáenz
de Santamaría, muestran ninguna prisa por sacar adelante esta polémica norma.
De modo que el choque interno continuará hasta que Rajoy decida
definitivamente.
La ley del aborto quema. Cada vez que el PP intenta llegar a un
acuerdo sobre ella, estalla la división interna que genera. Acercarse a ella es
arriesgarse a que la polémica acabe con la imagen de quien la protagoniza. Tal
vez por eso los tres principales protagonistas del Gobierno en este asunto
—Gallardón, Santamaría y Mariano Rajoy— parecen buscar una forma de repartir el
coste.
Mujeres y hombres en lucha contra la ablación en África y Europa hablan de los retos para su erradicación
Joana G. Grenzner
Hace ya más de 30 años que las primeras asociaciones contra la
mutilación genital femenina rompieron el tabú del silencio sobre esta práctica
en África y Europa y empezaron a luchar por su erradicación.
Hace ya más de 30 años que las primeras asociaciones contra la
mutilación genital femenina rompieron el tabú del silencio sobre esta práctica
en África y Europa y empezaron a luchar por su erradicación, objetivo al que la
ONU se sumó con su primera declaración de condena de la ablación el pasado
noviembre. Mujeres y hombres implicados en la lucha contra esta forma de
violencia de género celebran los importantes logros alcanzados y formulan los
retos que plantea esta lucha contracorriente.
En este tiempo, el
movimiento contra la mutilación genital femenina (extirpación parcial o total
de los órganos genitales femeninos) ha logrado cambios históricos: más de 8.000
comunidades africanas y 15 países de la región se han comprometido a
abandonarla en los últimos tres años. Tras estos logros está el trabajo
de sensibilización y formación en cascada que realizan asociaciones como GAMCOTRAP
en Gambia; la ONG Tostan, que trabaja en Gambia, Senegal
y el Estado español; la Red Daphne, unión de entidades que trabajan en Europa
por esta causa, y, en el Estado Español, Equis
(Equip de Sensibilització contra la mutilació genital femenina), l’ Associació de Dones Immigrants Subsaharianes (ADDIS)
en Catalunya y la Asociación de Mujeres Antimutilación (AMMAM) de
Gambia, con sede en Catalunya.
Etiquetas:
anticoncepción,
derechos sexuales,
violencia de género
viernes, 3 de mayo de 2013
El aborto, en manos de la ‘caverna’
ISABEL SERRANO
Una vez más, malos tiempos para las mujeres y para la libertad.
No somos libres si no podemos decidir sobre nuestra intimidad, nuestros cuerpos
y nuestras vidas. El debate actual sobre el aborto resurge, y resurgirá,
mientras los fundamentalismos religiosos, no mayoritarios pero sí muy
poderosos, impongan su interpretación moral, autoritaria y anacrónica, del
hecho de dar vida. Si la vida la da y la quita Dios, que el embarazo se
desarrolle en el cuerpo de la mujer puede resultar un estorbo. ¿Y quién
representa en la tierra a ese su Dios, único y verdadero? Pues ellos mismos; la
poderosa jerarquía eclesiástica, en este caso católica, que como siempre quiere
imponer su verdad no sólo a los católicos sino a la sociedad en general. Verdad
que olvidando sus principios de actuación en conciencia, caridad, humildad y
respeto a los demás, convierten su discurso sobre el aborto en universal, para
todos y para siempre.
Las mujeres, esos seres que algunos
consideran despreciables, que hacen todo lo posible para quedarse embarazadas
para luego deshacerse del hijo que llevan dentro, no son maduras ni
responsables para decidir. Así que son ellos, o sus acólitos, quiénes decidirán
por ellas. Curioso es que sea siempre la jerarquía eclesiástica, conformada por
hombres, la que más presión ejerce. Ellos, que se niegan a sí mismos algo tan
bello como ser padres y la emoción de la sexualidad que busca dar vida a un
nuevo ser deseado, no son los más indicados para hablar de maternidad ni
paternidad, para negar la capacidad de elegir de los demás ni para temer algo
tan absurdo como que el mundo se puede acabar con tantos abortos y tanta
homosexualidad.
Etiquetas:
aborto,
derechos sexuales
Irlanda permitirá abortar a las mujeres en peligro de muerte o riesgo de suicidio
La ley de 1983 ya situó de forma
genérica el derecho a la vida de la madre al mismo nivel que el del no nacido,
pero la intervención rara vez se practica.
Entre 4.000 y 7.000 mujeres
viajan cada año a Reino Unido para interrumpir el embarazo.
La coalición que gobierna Irlanda alcanzó el martes
por la noche un acuerdo para modificar la restrictiva legislación sobre el
aborto que permitirá abortar a las mujeres en peligro de muerte si no
interrumpen el embarazo, incluidas aquellas que tienen un riesgo claro de
suicidarse. Aunque la ley ya contemplaba desde 1983 el derecho a la vida de la
madre al mismo nivel que el del no nacido, y desde 1992 incluía el riesgo de
suicidio entre los factores de peligro de muerte, lo hacía de forma genérica y
en la práctica rara vez se realizan interrupciones del embarazo. Entre 4.000 y
7.000 mujeres viajan cada año al vecino Reino Unido para abortar.
Los grupos proaborto han denunciado que las
propuestas aprobadas por el Gobierno apenas van a cambiar esa situación, pero
los grupos antiaborto opinan que la nueva legislación va a abrir las puertas al
aborto, en particular al incluir el riesgo de suicidio como factor. La
propuesta aprobada por la coalición de los conservadores nacionalistas del Fine
Gael y el Partido Laborista, que ha de ser aprobada por las dos cámaras del
Parlamento, es, sin embargo, claramente restrictiva en ese aspecto. Un panel de
tres médicos (un obstetra y dos psiquiatras) deben certificar por unanimidad
que existe realmente un riesgo de suicidio. Si niegan el derecho de la mujer a
interrumpir su embarazo, esta podrá recurrir a un segundo panel de tres médicos.
Etiquetas:
aborto,
derechos sexuales,
salud sexual
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)

