jueves, 20 de junio de 2019

ASOCIACIÓN ARELAS

No mes do Orgullo LGTBI, desde ARELAS queremos aportar o noso graniño de area cunhas imaxes e uns mensaxes potentes que queren transmitir o que moitas crianzas e adolescentes trans senten.
A primeira peza que compartimos está realizada por Cervo, un rapaz que acaba de empezar a colaborar con ARELAS. Cervo é un rapaz de 20 anos, reside en Carballo e está a piques de graduarse como ilustrador nun ciclo superior. Hai pouco gañou o concurso de carteis para as festas de San Xoan de Carballo, a súa primeira vez concursando neste tipo de eventos e que pensou en facer unha reivindicación feminista da muller. Esta experiencia serviulle tamén para visibilizarse como mozo trans nos medios e nas redes sociais para que por fin trátenlle como o que é, un mozo, e así axudar de maneira moi xenerosa a outras persoas trans que por medo, non queren ou non poden mostrarse como realmente son. Está a empezar a crear a súa propia imaxe corporativa e podedes seguir por instagram o seu traballo e de paso, se o creeis necesario, pedirlle algún encargo que lle permita seguir coa súa paixón.
Non perdades de vista a Cervossa e viva o Orgullo DiversX!!

No hay comentarios: