lunes, 18 de febrero de 2019

O Centro de Planeamento Familiar ofrecerá no Fórum Metropolitano o venres 22 a obra de teatro 'Muxua (Un bico)', que aborda cuestións como a identidade sexual ou a homofobia

Muxua (Un bico)
A entrada para a actividade, dirixida á mozas e mozos de máis de 12 anos, será de balde. O billete poderase retirar desde o luns 11 de febreiro a través da plataforma web www.ticketea.com
O Fórum Metropolitano acollerá o vindeiro venres 22 de febreiro, ás 20.00 horas, a representación da obra Muxua (Un bico). A iniciativa forma parte da programación que oferta o Centro de Planeamento Familiar (COF), espazo dependente da Concellería de Igualdade e Diversidade, dende o que se traballa pola educación afectivo-sexual e o fomento e sensibilización da igualdade na diversidade.
A obra, interpretada pola compañía Tantaka Teatroa, aborda a vida de Lorenzo, un rapaz adolescente que, tras pasar por un orfanato, chega a unha familia de acollida nunha pequena cidade de Italia. Neste municipio namórase doutro mozo, Antonio, que non sabe reaccionar ante os afectos do protagonista. A proposta, directa e sinxela, diríxese á mocidade de máis de 12 anos coa idea de abordar, de xeito natural, cuestións como a identidade sexual, a homofobia, o acoso ou o conservadorismo na escola.
A entrada para Muxua (Un bico) é gratuíta, pero os billetes deberanse retirar, con antelación, a través da plataforma web www.ticketea.com, a partir das 10.00 horas do vindeiro luns, 11 de febreiro. Para máis información sobre esta e outras propostas educativas ou formativas do COF, pódese visitar o web www.coruna.gal/igualdade.

No hay comentarios: