lunes, 18 de febrero de 2019

Nocturnia febreiro-xullo 2019. Programa de ocio alternativo

Campaña de febreiro-xullo 2019 do programa de lecer Nocturnia
CUÁNDO: Desde el 22/02/2019 hasta el 06/07/2019
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Nocturnia é o programa de ocio para a xuventude do servizo de Mocidade da Concellaría de Participación e Innovación Democrática. Tenta ofrecer unha serie de actividades gratuítas para que a xente nova, de entre 12 e 30 anos, as teñan en conta á hora de planificar as súas fins de semana. Actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, lúdicas, etc. Moitas delas están preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable e divertido coa súa xente e con outras persoas.
PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...
1. Bótalle un ollo a todas as actividades (descarga o .pdf coa programación completa) http://www.coruna.gal/descarga/1453646751192/ProgramacionNocturniaPV2019.pdf
Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.
2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.
3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos axeitados e mira toda a información do programa en coruna.gal/cmix e en coruna.gal/participacion.
OLLO, que hai novidades! As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar as prazas.
4. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.
5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico
nocturniacoruna@gmail.com
IMPORTANTE: Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.
Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cumprimentados serán dados de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.
Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descarga aquí o modelo de autorización……..), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
Inscrición nas actividades desde o 18/02/2019 ás 16.00 h. ata o 21/02/2019 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.
VENRES 15 de MARZO: OBRADOIRO SOBRE SAÚDE SEXUAL: Falando de DIVERSIDADE (de 20:00 a 22:00 hr.). Inscrición do 11 de marzo ao 14 de marzo
SÁBADO 30 de MARZO: OBRADOIRO SOBRE SAÚDE SEXUAL: Isto do SEXTING, QUE É? (de 20:30 a 22:30 hr.). Inscrición do 25 de marzo ao 28 de marzo

No hay comentarios: