miércoles, 5 de septiembre de 2018

III Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a Educación

Sábado, 15 de septiembre de 9:15 a 19:30 h.
Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Vida.
Un ano máis a Facultade de CC.EE da USC, ARELAS e ULTREIA poñen en marcha as III Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a educación: unha oportunidade para Trans*formar a sociedade, este ano centradas no ámbito educativo.
Unha vez inauguradas as xornadas o programa arrancará ca conferencia " Construcción normativa de identidades de xénero e sexualidades disidentes: retos da educación", con Kika Fumero, Profesora Especialista en Diversidade LGTBI en Violencia de Xénero e Igualdade.
Seguirá a mesa redonda " Dous anos do protocolo educativo sobre identidade de xénero, estado da cuestión e propostas de futuro" con representantes do ámbito educativo e de ARELAS, promotores do Protocolo Educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e liberdade de identidade de xénero. Finalizaremos cunha Mesa de experiencias 1: " Boas prácticas de igualdade e diversidade LGTBI nas aulas", onde se dará a coñecer "O proxecto do Observatorio Coeducativo LGTBI" con Kika Fumero, Profesora Especialista en Diversidade LGTBI en Violencia de Xénero e Igualdade. "As semanas de diversidade LGBTIQA+" no marco da Unidade de Xénero do IES Politécnico de Vigo por Carme Adán, Profesora de Filosofía do IES Politécnico de Vigo e finalmente "O Comando Igualdade" por Chis Oliveira Malvar, Catedrática de Filosofía do IES Alexandre Bóveda de Vigo.
Xa pola tarde presenciaremos a Conferencia: "Realidades LGTBI na Universidade: dificultades e retos" con Marina Echebarría Sáez, Profesora do Departamento de Derecho Mercantil Derecho del Trabajo e Internacional Privado de la Universidad de Valladolid e finalizaremos o programa ca Mesa de experiencias 2: "Boas prácticas de igualdade e diversidade LGTBI no ámbito académico" falando da "Oficina de diversidade sexual e identidade de xénero da Universidade Complutense de Madrid" con Esteban Sánchez Moreno, Delegado del Rector para la Diversidad y el Medio Ambiente e Profesor del Departamento de Sociología de la Universidad Complutense de Madrid. Coñeceremos os "28 anos de activismo universitario na Universidad Complutense de Madrid. RQTR (Rosa que te quiero rosa)" ca Asociación de Lesbianas, gays, transexuales e bisexuales de la Universidad Complutense de Madrid (pendente de confirmación) e o "Proxecto ADIM LGTBIUnizar" (pendente de confirmación).
As xornadas son gratuitas e abertas ó público en xeral ata completar aforo.


No hay comentarios: