jueves, 27 de febrero de 2014
Centos de mulleres rexistran a propiedade do seu corpo contra a reforma do aborto
Aumenta o rexistro do seu corpo por parte de grupos de mulleres
en Galicia. Se hai dúas semanas foron trinta as que acudiron ao Rexistro da
Propiedade de Vilagarcía para solicitar a titularidade sobre o seu propio
corpo, este mércores foron centos as que acudiron á chamada na Coruña e en
Compostela. Continúan así con esta acción de protesta que xurdira da artista
Yolanda Domínguez a nivel estatal - e da pintora Martha Azul no caso da Arousa-
e que levara centos de persoas aos rexistros de Madrid, Barcelona, Sevilla,
Bilbao ou Pamplona. É unha maneira máis de protestar contra o anteproxecto de
lei do aborto do Goberno do ministro Gallardón e que, de saír adiante, tan só
permitirá a interrupción voluntaria do embarazo en casos de violación ou risco
grave para a saúde da muller.
A acción de protesta segue a impulsada pola artista Yolanda
Domínguez no Estado e que xa se realizara en Vilagarcía.
É unha reivindicación que se une á campaña que levou a
Plataforma Galega Galega polo Dereito ao Aborto a pendurar pancartas en varias
pontes do país e en recintos deportivos -como no partido da pasada fin de
semana en Riazor onde a retirada da faixa provocou tanta polémica como
visibilidade á protesta- ou a enviar solicitudes masivas ao Valedor do Pobo
reclamando o seu amparo para a protección dos dereitos das mulleres.
Etiquetas:
aborto,
derechos sexuales,
manifestación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario