lunes, 17 de febrero de 2014

Accións da Plataforma Galega polo dereito ao Aborto


Este mércores 19 de febreiro  imos rexistrar os nosos corpos no Rexistro Mercantil de Bens e Movéis,  que está en Novoa Santos, 5 - 7, 3º. A Coruña.

Quedamos alí ás 15:30 hrs.

A idea é que cada unha explique o que lle gusta do seu corpo e o motivo polo que o rexistra, escribirémolo alí mesmo, para que a acción sexa maís visible. Traede con vos o documento de identidade e o texto pensado.

O sábado 22 de febreiro ás 12 da mañá as compañeiras da plataforma entregarán  ao Valedor do Pobo todos os escritos que sexamos quen de recoller, esixindo o noso dereito a decidir.

Adiantarvos que o domingo 9 de marzo temos en Santiago a Manifestación Nacional. Sairá as 12 da mañá da estación de tren de Santiago e rematará na Quitana. O peche será un concerto no que participarán entre outras persoas Ses, Mercedes Peón, Uxía Senlle, As Boubas,… ás que presentarán Mónica Camaño e Comba Campoi. Tamén participarán poetisas coma Susana Aríns e Verónica Martínez.

Animámovos a participar. Podemos conseguir que nos respeten como mulleres.

Descarga os escritos para poder presentar:



No hay comentarios: