miércoles, 4 de marzo de 2009

Obradoiros de banda deseñada para nenos en A Coruña

"Ilustra-te en igualdade". Baixo este lema e como actividade vencellada á conmemoaricón do Día Internacional das Muller Traballadora, a Concellaría de igualdade de participación Cidadá do Concello da Coruña organiza uns obradoiros de cómics destinados a nenas e nenos con idades comprendidas entre 5 e 12 anos. Estes obradoiros serán impartidos, o vindeiro 7 de Marzo no Forum Metropolitano de 11:00 a 13:00 e de 17:30 a 19:30, por ilustradores profesionais con experiencia docente pertencentes á (AGPI) Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. Se te queres apuntar pásate polo Forum dende xa mesmo e recolle alí a túa solicitude para participar.

No hay comentarios: