jueves, 5 de marzo de 2009

Marcha Mundial das Mulleres no 8 de Marzo

A Marcha Mundial das Mulleres convoca un ano máis á cidadanía a mobilizarse o 8 de Marzo na loita polos dereitos das mulleres co lema:
"AS MULLERES TRABALLAMOS, AS MULLERES CONTAMOS"NON SOLUCIONAREDES A CRISE A COSTA DE NOSOS DEREITOS.

A Marcha Mundial das Mulleres organiza os seguintes actos nas diferentes localidades galegas:

A Coruña
Sábado 7 marzo. Video forum 18:30 h "As mulleres ante a crise". Casa Casares Quiroga (Rúa Panadeiras)
Domingo 8 marzo. Concentración 12:30 h. Obelisco
Compostela
Domingo 8 de marzo.
Manifestación 12:00 h. con saída da Praza do Toural e chegada na Praza de Marzo
Ferrol
Domingo 8 de marzo. Manifestación 12:30 h. con saída da Praza Amada García (Edificio Xunta de Galiza) e chegada ao Cantón de Molins
Ourense
Sábado 7 de marzo. 19:00 h. Acto das mulleres na Praza Concepción Arenal (Xulgados) e posterior percorrido polo Paseo
Pontevedra
Sábado 7 de marzo. Concentración 20:00 h. na Praza 8 de Marzo
Vigo
Domingo 8 de marzo. Manifestación 12:00 h. con saída da Praza 8 de marzo

No hay comentarios: