viernes, 5 de junio de 2020

Orgullo online

A pandemia COVID19 deixounos sen celebración do orgullo LGTBQI presencial, pero como era de esperar, os colectivos están a traballar en varias iniciativas online para celebrar e reivindicar os dereitos da comunidade LGTBQI.

Hoxe presentámosvos dúas iniciativas, a primeira é do colectivo Alas A Coruña, que nos convida a reflexionar sobre o significado do Orgullo LGBTI a través dunha creación artística. toda a info neste cartel e nas resdes sociais de Alas A Coruña


A segunda iniciativa chéganos da man do colectivo de familias de menores trans, Arelas, que crearon nestes tempos de pandemia un Programa de apoio #libresnacasa, para persoas trans menores de 20 anos, podes acceder ao formulario do programa de acompañamento de Arelas picando no seguinte cartel:
 

Desde AGASEX iremos publicando e difundindo as actividades de todos os colectivos e iniciativas relacionadas con este orgullo 2020 en Galicia, tamén temos solicitado que o Espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero de A Coruña poida contar con redes sociais e recursos online para poder difundir actividades, seguir impartindo os cursos sobre diversidade sexual á comunidade educativa, continuar cos diferentes grupos de apoio mutuo, e poder facelo en formato virtual,... de momento e á espera de poder contar con estes recursos non presenciais, Espazo Diverso segue atendendo as necesidades des usuaries a través do teléfono 981 189 889 en horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 de luns a venres.

No hay comentarios: