domingo, 8 de junio de 2014

X novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0


Empleo y formación Mujeres Tercer Sector

Entidad: Universidade de Santiago e Concello de Lalín

Correo-e: cursosdeveran@usc.es

Modalidad: Presencial

Localidad: Auditorio Municipal de Lalín

Fecha límite: 04/07/14 Fecha de inicio: 15/07/14 Fecha de finalización: 18/07/14

Descripción:
O curso desenvolverase integramente entre os días 15 e 18 de xullo de 2014 no Salón Teatro do Auditorio Municipal de Lalín (Praza do Parque, s/n) en horario de mañá e tarde.
Trátase dun curso imprescindible no momento actual, e cunha programación ambiciosa, na que se abordarán aspectos, contidos e problemáticas de gran interese no momento actual, e no que intervirán profesionais e destacadas expertas e expertos que traballan cara a igualdade de oportunidades, cun enfoque multidisciplinar e dende diferentes ámbitos de actuación de todo o territorio nacional e internacional, Universidades, Administracións, Asociacións, Fundacións, Empresas,...
Isto é posible grazas a colaboración institucional e privada, xa que o curso coorganizado pola Universidade de Santiago, a través do instituto de Ciencias da Educación (ICE) e o Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade, Fondo Social Europeo, Instituto de la Mujer, FEGAMP, CESI-F, ICE, CeMIT, AMFAR Galicia e Gráficas DIM.

Obxectivos do curso:
Incrementar a conciencia sobre a violencia de xénero na sociedade civil, a fin de non limitar o debate sobre os medios para combater a violencia só a pequenos grupos, co risco de auto-referencialidade.
Evitar a hexemonía, xeral ou parcial, e ampliar a discusión e as achegas sobre as mellores accións de sensibilización e loita contra a violencia de xénero
Mellorar as habilidades das/os estudiantes para contribuír a fortalecer o protagonismo e as posibilidades, deles e delas, de influír na comunidade.
Coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias na escola mediante a revisión das ferramentas habitualmente empregadas e a análise de novas propostas.
Facilitar o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas.
Incrementar o número de homes sensibilizados e que participan activamente a favor da igualdade de oportunidades.
Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que os afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos.
Facilitar o encontro de profesionais dos distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, especialmente o profesorado, favorecendo o intercambio de experiencias e o apoio mutuo.
Entender as relacións existentes entre familia, escola, comunicación social e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Debater sobre a educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo.
Comprender a importancia da sensibilización para promover o cambio de mentalidades, actitudes e prácticas en relación cos procesos educativos que favorezan a comunicación igualitaria.
Abrir espazos de reflexión en torno ao sexismo que existe na comunicación humana, ofrecendo alternativas e proporcionando instrumentos para que, desde calquera ámbito, se potencie a utilización dunha linguaxe non sexista e se trate a información desde parámetros non discriminadores.
Dispoñer de recursos (simbólicos, semánticos, gramaticais, etc) para articular alternativas á comunicación sexista, racista, homófoba, etc.
Capacitar ao alumnado no manexo de técnicas para rachar cos estereotipos sexistas e evitar a súa reprodución.
Fomentar un uso seguro, responsable e saudable de internet e das diferentes redes sociais, fomentando as oportunidades e reducindo as ameazas.
Facilitar ao profesorado e ás familias o coñecemento de potenciais perigos do uso das redes sociais (contacto con persoas extranas, ciberbullying, acceso a contidos nocivos,...) así como o establecemento de medidas e estratexias de protección.
Destinatarios: Alumnado universitario. Profesorado. Diplomadas/os, licenciadas/os, doutoras/es ou profesionais que traballen en institucións públicas ou privadas e que queiran ampliar os seus coñecementos previos, ou incorporar por primeira vez a perspectiva de xénero e a igualdade de oportunidades na súa practica profesional ou no seu acervo de coñecementos. Profesionais e persoal técnico de institucións públicas e privadas: Concellos, Comunidades Autónomas, Administración do Estado. Educadoras/es sociais. Traballadoras/es Sociais e Orientadoras/es. Profesionais dos medios de comunicación. Community manager e profesionais da comunicación en Social Media. Educadoras/es, ANPAs, Asociacións sociais e/ou culturais, Fundacións, ONG´S, Partidos políticos, Sindicatos,...

Programa:

Martes 15 de xullo VIOLENCIAS E XÉNERO
09:30 h. Inauguración oficial do curso
10:00 h. Conferencia
De que falamos cando falamos de violencia patriarcal?
Rosa Cobo Bedia, profesora titular de Socioloxía. Universidade de A Coruña.
12:00 h. Conferencia
Recursos institucionais contra a violencia de xénero
Belén Liste Lázara, subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero da Secretaría Xeral da Igualdade de Xunta de Galicia.
16:30 h. Conferencia
A violencia invisible na infancia e a adolescencia
Soledad Hernández Hernández, educadora do Centro de Menores Santo Anxo da Garda de Rábade (Lugo).
18:30 h. Teatro-fórum
Un bo peixe
GTO: Grupo de teatro dxs oprimidxs da Coruhna
Mércores 16 de xullo ACTIVISMO PARA A IGUALDADE
10:00 h. Conferencia
Prevención e intervención da ciberviolencia de xénero: grooming, ciberacoso e sextorsión
Jorge Flores Fernández, licenciado en informática, fundador e director de PantallasAmigas.
12:00 h. Conferencia
100% compatibles. Redes sociais e xuventude
Ianire Estébanez Castaño, psicóloga especialista en mocidade, redes sociais e prevención da violencia de xénero.
16:30 h. Conferencia
Activismo ciberfeminista. A experiencia de Pikara Magazine
June Fernández, xornalista. Fundadora e directora da revista dixital feminista Pikara Magazine.
18:30 h. Conferencia
Letras para a convivencia
Ana Luisa Amaral, poeta e profesora de Poesía Anglo-Americana. Literatura Comparada e Estudos Feministas. Universidade de Porto.
Xoves 17 de xullo PROSTITUCIÓN E TRATA
10:00 h. Conferencia
Educafectos contra o maltrato e o abuso sexual a menores
Pepa Horno Goicoechea, psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección.
12:00 h. Conferencia
Prostitución, a escola da desigualdade humana
Ana de Miguel Álvarez, profesora titular de Filosofía Moral e Política. Universidad Rey Juan Carlos de Madrid.
16:30 h. Conferencia
Violencia sexual tolerada
Mabel Lozano, documentalista e actriz.
18:30 h. Conferencia
A viaxe do invisible á responsabilidade
Péter Szil, psicoterapeuta e un dos iniciadores da rede dos grupos profeministas de homes en Suecia.
Venres 18 de xullo MASCULINIDADES
10:00 h. Conferencia
Identidades e homofobia
Oscar Guasch i Andreu, profesor de Socioloxía. Universidad de Barcelona.
12:00 h. Conferencia
Diversidade sexual e familiar, unha oportunidade para a escola inclusiva
J. Ignacio Pichardo Galán, profesor axudante no Departamento de Antropoloxía Social. Universidad Complutense de Madrid.
16:30 h. Conferencia
Crecer sen pantalóns. Mudando ao home do espello
Miguel Angel Arconada Melero, profesor de Lingua e Literatura no Instituto Jorge Manrique de Palencia e membro fundador do grupo de hombres igualitarios “Codo a Codo”.
18:30 h. Actuación do trío Caspervek
19:30 h. Acto de clausura e entrega de diplomas



Más información: Precio. Importe da matrícula
Taxa xeral: 120 €
Taxa reducida: 70 €*

*Aplicable a: estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional ou bacherelato, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC.

Nota: Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizado matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2013-14 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2013/14 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 15 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2014.

En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.

O pagamento da matrícula debe realizarse dentro dos CINCO DÍAS NATURAIS, contados a partir do momento de facer a inscrición. En caso contrario, a inscrición quedará anulada.
Deberase remitir copia do resgardo do pagamento selado pola entidade bancaria ao fax nº 881811208, escaneado ao enderezo electrónico cursosdeveran@usc.es ou presentalo persoalmente en calquera dos dous centros de matriculación da Universidade de Verán (Santiago ou Lugo).

Matrícula: Centros de información e matriculación

Campus de Compostela
Secretaría da Universidade de Verán
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Colexio de San Xerome - Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881 811018 e 881 811103
Fax: 881 811208
cursosdeveran@usc.es
www.usc.es/cultura

Campus de Lugo
Secretaría da Universidade de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
27002 Lugo
Teléfono: 982 821513
Fax: 982 821506

Concello de Lalín
Oficina de Igualdade – Concellería de Igualdade
Praza de Galicia, nº 1
36500 Lalín (Pontevedra)
Teléfono.- 986 78 00 14
igualdade@lalin.org
axentedeigualdade@lalin.org
www.lalin.org/igualdade

http://www.obrasocialncg.com/es/socialia/formacion/x_novas_fronteiras_na_igualdade_de_oportunidades_2.0

No hay comentarios: