miércoles, 20 de noviembre de 2013

I Congreso Nacional: Intervención e Prevención na Violencia de Xénero


O Concello de Santiago de Compostela organiza o I Congreso Nacional: Intervención e Prevención na Violencia de Xénero que terá lugar na capital de Galicia os días 28, 29 e 30 de Novembro do 2013.

Este congreso multidisciplinar está deseñado especialmente para persoas profesionais que traballan en áreas ás que afectan directamente cuestións relacionadas coa Violencia de Xénero.

Grazas á colaboración dos distintos axentes que entran en xogo á hora de intervir e previr a violenica de xénero o congreso adquire un cariz non só informativo senón tamén formativo.
Ao longo destas xornadas abordaránse as cuestións desde distintas áreas profesionais, dando resposta ás necesidades que se demandan desde as distintas disciplinas profesionais.


http://congresovxsantiago.com/

No hay comentarios: