miércoles, 20 de noviembre de 2013

25 de novembro: Día Internacional de loita contra a violencia de xénero

Acción colectiva da comunidade universitaria en contra da violencia de xénero. Tamén e asunto teu. Participa!

Fecha Inicio : lunes, 25 de noviembre de 2013
Fecha Fin : lunes, 25 de noviembre de 2013

Neste 25 de Novembro queremos seguir xerando accións colectivas, xa que a realidade da violencia de xénero sitúase como un entramado complexo que nos abrangue a todas.

Queremos xogar coas alianzas, coa presenza, cos instintos, cos medos como motor, coa forza como motor… E irrumpir nos imaxinarios como “flashes”, para xerar novas realidades e experiencias.

Dende Lésbicas Creando e en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, convidámoste a participar no Flash-Mob contra a violencia de xénero, que terá lugar o luns 25 de Novembro no CUVI (Campus Universitario de Vigo). 

Para participar só precisas:
- Enviar o teu nome e a confirmación da túa participación a igualdade@uvigo.es.
- Asistir ao ensaio que terá lugar o xoves 21 de Novembro ás 17:00 hs, na Área Comercial do Campus Universitario.
- Traer as túas chaves da casa, e unha prenda con petos nos que poidas gardalas.

Podes ampliar a información escribindo a igualdade@uvigo.es, e através do noso blogue e facebook, onde iremos colgando imaxe e experiencias do proceso.

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=223761331128279&set=a.125093114328435.24067.123743297796750&type=1&theater

No hay comentarios: