viernes, 1 de marzo de 2013

Proxección do documental KUCHU no AGORA- A Coruña



Kuchu é o termo popular co que se chama comunidade de lesbianas, gay, bisexuais e transgénero (LGBT) en Uganda. Grupo perseguido xudicialmente, socialmente e culturalmente.
Kuchu, é un documental que nos leva cara ao último testemuño do activista Ugandés David Kato pola reivindicación dos dereitos dos homosexuais. A loita dun colectivo oprimido nun país onde o 95% da poboación é homófoba. A ameaza dunha nova lei contra a homosexualidade que establece penas de prisión, mesmo de morte, para homosexuais e seropositivos, converte os líderes locais e activistas en emblemas internacionais contra a violación dos dereitos humanos.

Animávosvos a asistir á proxección que se fará o martes 5 de marzo no Centro Ágora da Coruña, ás 20h.

Máis información:

No hay comentarios: