jueves, 14 de febrero de 2013

14 de febreiro Día Europeo da Saúde Sexual


CONCENTRACIÓN PARA ESIXIR O MANTEMENTO DOS SERVIZOS DOS COF DA CORUÑA
Os recortes e a xestión ineficaz e frívola do SERGAS ameazan a atención sanitaria que presta o Centro de Orientación Familiar
.
A xubilación e falta de substitución do xinecólogo do Centro de Orientación Familiar (COF) do Ventorrillo provoca unha crise e ameaza gravemente toda a atención sanitaria deste servizo. Os COF son os centros especializados, e para moitas persoas, o 
único servizo público que presta atención de anticoncepción, prevención de cancro de útero, orientación da demanda de esterilidade, interrupción legal do embarazo e atención á problemática psicosexual e de parella. Os recortes do Sergas e a 
irresponsable e irreflexiva decisión da Xerencia de non cubrir a xubilación deste profesional e derivar dun modo bastante frívolo esta atención sanitaria aos centros de saúde demostran unha falta de respecto pola saúde das mulleres, déixanas nunha situación de indefensión con perda de dereitos básicos e obrígaas a buscar solucións para algúns problemas na sanidade privada e, por outra parte, van repercutir en todo o servizo, con imposibilidade de atención inmediata a moitos destes problemas de saúde urxentes e incremento irresponsable das listas de espera. Esiximos unha planificación racional e seria desta atención sanitaria en toda a Área de Saúde desde A Coruña ata Cee e restaurar o servizo tal como estaba mentres tanto, coa cobertura da praza de xinecoloxía.

No hay comentarios: