miércoles, 6 de febrero de 2013

APOIO AO COF DO VENTORRILLO


Dende a Asociación Galega para a Saúde Sexual queremos denunciar a situación de desatención no eido da saúde sexual que veñen a ter as mulleres que viven na cidade da Coruña e os 32 concellos da área sanitaria coruñesa dependentes do Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo dende o mes de decembro de 2012, debido a que non se cubre a praza que deixou vacante un dos xinecólogos que se xubilou.


E queremos decir de desatención, tendo en conta que quedarán desantedidas no eido da saúde sexual dende a sanidade pública, xa que a non ter recursos humáns no centro do Ventorrillo, derivarán as consultas ao COF de Orillamar no que na actualidade teñen un ratio de atención de 80.000 mulleres polo que pasaría a atender a unhas 60.000 mil máis, é decir sobre unhas 150.000 usuarias.

Segundo a recomendacións da OMS, para esta densidade de poboación debería existir polo menos TRES centros de orientación familiar, cousa que dista da situación actual.

As consecuencias serán a saturación do COF de Orillamar que non dispón dos suficientes recursos para cubrir unha demanda tan elevada así a atención será incompleta e deficiente en tanto a que as listas de espera para a obtención dunha cita serán interminables, retraso no comenzo e revisión de anticonceptivos, diagnósticos tardíos dos resultados de citoloxías, etc…

Así que si queres facer unha queixa ou reclamación e apoiar as consultas dos COF pódelo facer a través de:

*Apoio das convocatorias, comunicados e accións organizadas polasprofesionais dos COF do Ventorrillo e Montealto. Información estará disponibel nos propios centros e a través de internet (facebook, twitter, etc) e medios de comunicación (prensa, radio, etc).

*Cubrir as follas de reclamacións (xenéricas ou específicas) disponibeis en calquera centro de saúde, de especialidades, atención primaria ou nos COF, demandando que se cubra a praza de xinecoloxia do Ventorrillo e se manteña o funcionamento habitual dos dous COFs da Coruña. È de obriga legal que estas sean contestadas nun prazo determinado.

*Se tes certificado dixital poder facer a reclamación on line sen necesidade de desplazarte a un centro de saúde, no enlace:

*Chamar ao 010 se estás na Coruña e deixar constancia da túa queixa e demanda de que se manteña o COF do Ventorrillo xa que teñen que levar rexistro de todas as chamadas e informar a quen proceda.

*Demandar ao teu concello que se posicione en favor dos COF e esixan o mantemento do servizo do COF no Centro de Especialidades do Ventorrillo.

*Deixar a túa queixa na páxina web do SERGAS, no apartado suxerencias:
 
*Campaña firmas apoio COF change.org

No hay comentarios: