Non é necesario ter coñecementos previos en software libre, a migración a GNU/linux é moi doada e nada traumática (desvírgate!). Moitas de nós estamos a participar en colectivos nas que se usan blogues, páxinas e outras ferramentas tecnolóxicas que precisamos manexar. Aquí poderemos aprender todo e ter autonomía para publicar e xestionar os nosos contidos.
Nesta primeira xuntanza é moi importante que esteamos todas, para concretar non so os contidos, senón horarios, os ritmos, etc.
A perspectiva feminista do curso promove que non haxa xerarquías en canto ao coñecemento e que dese xeito todas nos sintamos cómodas e integradas. A filosofía do software libre “faino ti mesma” nos incita a aprender e nos capacita para seguir aprendendo. A confluencia de ambos puntos de vista da como resultado os LUNS TECNOLÓXICOS! Non podes faltar!
Tecnoloxía libre para corpos libres!
Queres liberarte? Deixar atrás os virus? Que o teu ordenador flúa contigo? Queres aprender a facer e túa propia web? Xestionar blogues para o teu colectivo? Ou algo máis grande! (wordpress, drupal, joomla,..) Es unha viciosa do p2p? Che poñen os torrents? Facer cartaces e fliers? Maquetar un libro? Queres converterte nunha tekki? Usar redes sociais alternativas? Todo isto e o que ti queiras será posible nos luns tecnolóxicos do Atreu. Aprendamos xuntas!
Nomepisesofreghao e o'hacktreu."
No hay comentarios:
Publicar un comentario