Hoxe sométese a votación no Parlamento de Galicia a proposición de Lei pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada.
Esta proposición de lei que regula unha rede de apoio à mulher embarazada parte dunha iniciativa lexislativa popular impulsada por asociacions antiabortistas, Redmadre, que aglutinan, entre outras ao “Foro de la Familia” a “Asociación Católica de Propagandistas” e a “Asociación de Víctimas del Aborto”.
O aborto é un dereito das mulheres a decidir se queremos ser nais ou non, e cando. É umha reivindicación democrática e constitucional para persoas libres. A maternidade, nom debe ser abordada desde un punto de vista exclusivamente biológico, senon social. Isto ten que ver con:
-A Lei do Aborto que entra en vigor o próximo 5 de xullo.
- Suprimen organismos como o SGI -Servizo Galego de Igualdade-
- Desmatelam a rede de benestar e os Centros de información e formación sexual para a mocidade
-Crean órganos con dotación orzamentaria para financiar colectivos como a “Asociación Católica de Propagandistas” para impedir que as mulleres exerzamos os nossos dereitos en liberdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario