martes, 20 de enero de 2009

Obradoiros "Trastornos de Alimentación desde a perspectiva de xénero" de AGaSEX

Mañá empezan os nosos obradoiros de trastornos de alimentación enfocados desde unha perspectiva de xénero, en colaboración co IES Puga Ramón. Como fin último da nosa intervención, tentaremos que o alumno desenvolva unha conciencia máis crítica e madura respecto da imaxe persoal e que adopte uns hábitos alimenticios saudables, non deixándose influenciar pola consecución dunha determinada imaxe corporal que pode chegar a supor riscos para a saúde.
Para mais información podedes poñervos en contacto con nós:
Centro Xove de Anticoncepción e Sexualidade: 881916869
asociacionplaneamento@yahoo.es
centroxove@yahoo.es

No hay comentarios: