martes, 11 de noviembre de 2008

Seminarios De Linguaxe Non Sexista

A incorporación plena da muller ao mercado laboral supuxo un cambio na sociedade e en moitas ocasións este cambio social e cultural non foi acompañado por un cambio nos usos lingüísticos. As mulleres estanse a introducir en ámbitos historicamente ocupados por homes, e esta realidade social require unha adaptación e modernización da linguaxe para evitar calquera tipo de discriminación lingüística. O Consello da Xuventude de Galicia é consciente desta problemática en torno ao sexismo na linguaxe e da necesidade de concienciar e formar a mocidade para erradicar calquera tipo de discriminación social por cuestión de sexo.Mediante os seminarios de linguaxe non sexista pretendemos achegarlles ás persoas participantes recursos e criterios para eliminar o sexismo lingüístico, así como facelos reflexionar acerca da necesidade de democratizar a linguaxe formal e coloquial, co fin de que reflicta a realidade xenérica da sociedade actual e lograr que ningunha persoa sexa discriminada por razón de sexo.

OBXECTIVOS XERAIS
• Crear espazos de debate e de reflexión acerca da repercusión e influencia do sexismo social sobre a linguaxe
• Analizar a linguaxe sexista en diferentes ámbitos e facilitar recursos para evitar calquera tipo de discriminación

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
• Fomentar a idea de que a igualdade social e a igualdade lingüística deben ir sempre parellas
• Concienciar da importancia de evitar calquera tipo de discriminación por cuestión de sexo, centrándonos no aspecto referido á linguaxe, tanto formal coma coloquial, nos espazos de interrelación
• Achegar criterios e recursos lingüísticos para actualizar, modernizar e democratizar a linguaxe empregada en contextos formais

PERSOAS DESTINATARIAS
Mozas e mozos pertencentes a asociacións xuvenís e poboación moza en xeral de toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

SESIÓNS:
Primeiro seminario: sábado 22 de novembro, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 hData límite de inscrición: 17 de novembro
Segundo seminario: sábado 13 de decembro, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 hData límite de inscrición: 9 de decembro
Terceiro seminario: sábado 20 de decembro, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 hData límite de inscrición: 15 de decembro

Nota importante: As persoas interesadas tan só poderán participar nunha das tres sesións que se leven a cabo. Ademais, na ficha de inscrición deberán indicar as datas de preferencia para a realización destes seminarios.O Consello da Xuventude de Galicia fará a selección final do grupo de participantes; nesta selección terán prioridade as persoas que formen parte de asociacións xuvenís ou teñan experiencia asociativa. A listaxe de persoas admitidas publicarase na páxina web antes da realización de cada seminario.

Lugar de realización: Fundación Eugenio GranellPraza do Toural, s/n, 15705 Santiago de Compostela

Inscrición gratuíta.
Máis información:
Consello da Xuventude de Galicia
Fonte de Santo Antonio, 25 - 1º
15702 Santiago de Compostela
A Coruña
Télf.: 981569560
Correo-e: info@cxg.org

No hay comentarios: