sábado, 2 de mayo de 2020

2 de maio día internacional contra o acoso escolar

Dende a Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia lémbrannos que hoxe é o día internacional contra o acoso escolar, tivemos a sorte de contar coa visita da rede en A Coruña antes do confinamento, lembramos a visita de dous docentes e representantes da mesma, Ana e Noemí, ao Espazo municipal das Diversidades, onde explicaron as actividades e obxectivos de esta inciativa pioneira de docentes pola protección e defensa da diversidade nas aulas de Galicia. A continuación deixamos o comunicado que redactaron en conmemoración de esta data.

Un dos principais obxectivos da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia é impregnar o sistema educativo de liberdade de ser. Para iso es docentes decidimos tomar a iniciativa de incluir a igualdade e diversidade sexual e de xénero nas nosas aulas, porque visibilizar e educar dende a diversidade é o único camiño para erradicar o acoso escolar.
Porque a variedade e diversidade humanas son as nosas máximas riquezas!
Seguiremos traballando arreo para que a acoso escolar non teña cabida nas nosas aulas.

Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia

No hay comentarios: