domingo, 17 de mayo de 2020

17 maio día internacional contra a LGTBQIfobia


Hoxe conmemoramos o día internacional contra a lgtbifobia, unha data que levamos celebrando desde 1990, cando se despatoloxizou a homosexualidade.

É un día importante para lembrar que lésbicas, trans, bisexuais, intersexuais, gais, persoas non binarias e todas aquelas que non cumprimos coa cisheteronormatividade hexemónica, seguimos a ser discriminadas, cuestionadas ou agredidas por este feito. As distintas orientacións sexuais e identidades de xénero forman parte da diversidade e riqueza da humanidade e debemos seguir traballando na súa defensa, tanto desde os Estados, institucións, Ongs e a sociedade no seu conxunto, pero é de xustiza resaltar desde a nosa asociación o traballo dos colectivos LGTBQI na defensa desta diversidade.

Desde a Plataforma encontros Bolleros lémbrannos os seguintes datos para seguir traballando e que foron recolleitos dá 𝐴𝑔𝑒𝑛𝑐𝑖𝑎 𝑑𝑒 𝐷𝑒𝑟𝑒𝑐ℎ𝑜𝑠 𝐹𝑢𝑛𝑑𝑎𝑚𝑒𝑛𝑡𝑎𝑙𝑒𝑠 𝑑𝑒 𝑙𝑎 𝑈𝑛𝑖𝑜́𝑛 𝐸𝑢𝑟𝑜𝑝𝑒𝑎 (𝐹𝑅𝐴):

🔴Un 48% das persoas LGTBI con parella da súa mesmo sexo en España evita darse a man por medo.
🔴Case a metade dxs enquisadxs negan a mostrar como tal por medo a ser “asaltadxs, acosadxs ou ameazadxs” na rúa ou outro tipo de espazo público e en medios de transporte.

🔴Unha de cada tres (32%) afirma que deixa de acudir "sempre" ou "a miúdo" a determinados lugares ou espazos
🔴O 42% sentíronse discriminadas nalgunha das seguintes áreas: buscando traballo ou vivenda, no traballo, no médico, no colexio ou universidade, nun restaurante, tenda ou cafetería ou ao mostrar a súa documentación.

🔴O 41% dxs entrevistadxs, sinala que sufriu algún tipo de acoso "por ser LGTBI" nos últimos 12 meses.
🔴O 43% algunha vez foi ridiculizadx, insultadx, ameazadx ou sufriu burlas por ser LGTBI en centros educativos.

Lembrarvos tamén que desde o Espazo municipal dás diversidades seguimos traballando para erradicar a lgtbifobia da nosa cidade e que estamos dispoñibles, nestes tempos de confinamento, no teléfono 981 189 889 de luns a venres en horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30. Chámanos para o que precises.
por último queremos presentámosvos un vídeo feito pola Ong Movemento contra a intolerancia para este día internacional contra a lgtbifobia


No hay comentarios: