domingo, 19 de noviembre de 2017
O número de denuncias por violencia machista aumentan 28% en Galiza e xa son perto de 20 ao día
No segundo trimestre deste ano
presentáronse 1.780 denuncias. Nese período solicitáronse 477 ordes e medidas
de protección e seguridade das vítimas.
A violencia machista en Galiza continúa a
ofrecer datos para estarrecer. No segundo semestre deste ano, e segundo informa
o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) os xulgados do noso país
recibiron 1.780 denuncias por violencia machista, case 20 por día. Un
incremento de 28,1% a respecto do mesmo período do ano pasado, 2016, cando
foran 1.389 o número de denuncias.
Os datos estatísticos publicados esta
segunda feira polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en
Galiza a taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10 000
mulleres) é de 11,71 persoas fronte a 17,04 que é no conxunto do Estado
español.
Durante o segundo trimestre do ano
solicitáronse 477 ordes de protección e medidas de protección e seguridade das
vítimas, fronte ás 378 de 2016, o que supón un incremento de 26,2 %. Das 477
incoadas adoptáronse 309, o 65 por cento.
Aliás, descenden no noso país os casos de
vítimas que se acollen a dispensa para non declarar. Se no segundo trimestre de
2016 optaron por esta opción 92 mulleres, este ano fixérono 85, é dicir, o 5,2%
das vítimas.
Etiquetas:
estadísticas,
violencia machista
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario